O PP considera que o concello debe volver a conceder subvencións nominativas ás asociacións.
Os populares aseguran que o gasto diverso sen control político é abrumador.
O PP reuniuse coa Sociedade Cultural Ledicia.
O Partido Popular (PP) de Burela reuniuse onte venres coa Sociedade Cultural Ledicia co fin de intercambiar pareceres sobre a situación das asociacións culturais na localidade, coñecer os proxectos da asociación e tamén cales son as súas inquedanzas. A reunión, que fi considera cordial e positiva polos populares, enmárcase na serie de conversas que o PP mantén habitualmente cos colectivos bureleses.
Nesta reunión houbo unha coincidencia importante que afecta a todo o tecido asociativo: a crise económica incide directamente sobre a actividade das asociacións.
Por eso, o PP considera lamentable que se leven dous anos sen subvencións nominativas directas para as asociacións culturais, xa que esto imposibilita en boa medida facerlle fronte ó gasto corrente e de mantemento que teñen as asociacións. O PP considera que esa, e non outra, é a forma máis transparente de que o concello colabore economicamente cos colectivos de todo tipo.
Pola contra, nestes momentos, e logo de dous anos sen subvencións nominativas, a política de colaboración económica é absolutamente opaca, chegando, por exemplo, a pagárselle gastos de autobús a algún colectivo e a outros non. De feito, non se lle pagou un autobús a un equipo das categorías inferiores da S. D. Burela para poder ver á selección española de fútbol en A Coruña, viaxe que coincidía cun partido na comarca coruñesa da S. D. Burela.
Outra cuestión que preocupa ó PP é o disparatado incremento do gasto corrente sen ningún tipo de control político. Este tipo de gasto só serve para a autopropaganda do concelleiro ou concelleira de turno, e nada máis, non tén ningún tipo de reporte significativo para o conxunto da sociedade burelesa.
O PP continuará nos próximos días a súa rolda de conversas cos colectivos culturais e sociais bureleses.