O GMPP: “o Burela Fútbol Sala pode contar con nós”.
Os populares reúnense con directivos do clube.
Consideran que a política deportiva do bipartito burelés “é manifestamene millorable”.
Representantes do Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela mantiveron recentemente unha reunión con directivos do Burela Fútbol-Sala, que se enmarca dentro da rolda de entrevistas que está a celebrar o PP burelés, e tamén nas boas relacións existentes co Burela Fútbol-Sala, clube co que periódicamente se manteñen conversas.
Os populares salientaron na súa reunión a importancia que tén para Burela a presencia dos equipos feminino en División de Honra e masculino na categoría de prata, e puñéronse a disposición da directiva do clube para colaborar en todo o que sexa posible desde a posición política que o PP burelés tén nestes momentos: “o Burela Fútbol-Sala pode contar con nós, apoiaremos dentro das nosas posibilidades aquelas iniciativas que se plantexen, como eles saben mui ben que así se fixo nos últimos meses”.
Os representantes do PP burelés aproveitaron a reunión para transmitirlles ós directivos do Burela Fútbol Sala a súa convicción de que “a política deportiva do bipartito burelés é manifestamente millorable, porque de entrada non se cumplen os compromisos que se establecen mesmo por escrito; a política deportiva queda reducida a un mero acto de propaganda e pouco máis”.
O PP burelés reunirase este xoves con representantes da Sociedade Cultural Ledicia, para coñecer os proxectos e necesidades inmediatos deste colectivo.