Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide que se solicitan obras á Xunta que tamén se lle reclamen ao Estado

Nota de prensa:
O GMPP pide que baixe a contribución en certas zonas de Burela.

Os populares presentan unha relación de actuacións vinculadas con Burela a incluir nos presupostos de Zapatero para 2011.

Preguntan para cando as obras na travesía municipal na zona de O Perdouro.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela solicitou hoxe no Pleno celebrado pola corporación municipal de Burela que a contribución urbana en certas zonas de Burela esteña bonificada e se busquen as fórmulas para poder levala a cabo. En concreto, refírense ás zonas que sen ser solo urbano consolidado están pagando a contribución como solo urbano, como é o caso dos montes que están incluídos na afectación de cen metros da variante, ou zona de A Marosa e O Cantiño. Estas fincas, aseguran, pagan a contribución urbana co mesmo tipo impositivo cós solares ubicados en solo urbano consolidado.

Ademais, solicitan que a contribución rústica, agora mesmo no tipo impositivo do 0’55, baixe ó mesmo nível ca urbana, que baixará ó tipo do 0’42, algo que o PP considera aceptable, ainda que matiza que na realidade os veciños e veciñas de Burela pagarán máis en 2011 ca no presente 2010.

Igualmente, o PP opúxose á subida do imposto de vehículos de tracción mecánica, por considerar que en época de crise, paro e conxelación de pensións e salarios, non deben incrementarse os impostos senón reducir o gasto corrente. Os populares entenden que o bipartito fai exactamente ó revés: non controla o gasto e aumenta os impostos.

No que se refire ó incremento do prezo da auga em base á actualización do IPC, os populares lembran que em realidade hai duas subidas, unha motivada polo incremento do IVA a partires do um de Xullo pasado, máis esta. Cando em realidade a maioria dos cidadáns que teñen a sorte de traballar vem como os salários non suben, a maioria do pensionistas e os funcionarios teñen conxeladas as pensións e o paro continúa a aumentar. Ademais, os populares lembran que em 2008 o alcalde non actualizou co IPC o prezo da auga alegando que a calidade da mesma era mala. Levamos uns dias coa auga totalmente turba, co que se a calidade era mala segue sendo mala, e o alcalde vai actualizar os prezos demostrando incoherencia e pouco rigor na política fiscal municipal. O PP optou pola abstención.

Igualmente, ante a moción do bipartito burelés de solicitarlle obras á Xunta, o PP presentou unha enmenda de engádega, na que se solicita que nos presupostos do Goberno Zapatero para 2011 se inclúan cuestións que afectan directamente a Burela, e que son as seguintes:

1 .- Consignar partidas presupostarias para que a totalidade dos tramos da A-8 esteñan en servicio a finais de 2011.

2 .- Consignar 5M€ para 2011, 30M€ para 2012 e o resto do importe da obra para 2013, referidos ó corredor Barreiros-San Cibrao.

3 .- Consignación de partidas específicas e nominativas para a construcción de edificios de servicios nas praias de O Portelo e Ril.

4 .- Consignación de 1M€ para actuacións de acondicionamento do cuartel da Garda Civil para 2011 e unha proxección de 0’5M€ para 2012.

5 .- Consignación de 2M€ para a mellora do enlace Travesía Municipal de Burela-Variante de Burela dirección Cervo.

6 .- A realización de todos os trámites administrativos (exposición de proxectos, licitación e adxudicación, formalización de contratos, etc.) no primeiro semestre do ano 2011.

7 .- Consignación específica e nominativa da partida orzamentaria correspondente á construcción do novo edificio de Capitanía Marítima.

8 .- Mantemento da capacidade adquisitiva de todas as pensións, aplicando un incremento mínimo do un por cento ademais da actualización anual en función do incremento do IPC.

9 .- Devolución das liquidacións negativas da participación municipal nos impostos do Estado de 2008 e 2009 en 120 mensualidades.

10.- Dotar ó fondo especial de financiación para garantir unha participación nos tributos do estado de 165 euros/habitante.

11.- Dotación axeitada dos fondos a transferir ás CC.AA. para sanidade, ensino, servicios sociais e cumprimento da lei de dependencia.

Os populares entenden que postos a pedir a corporación non debe facelo nun só sentido, senón hacia todas aquelas administracións con capacidade de actuación no noso concello, como son Goberno Central, Xunta e Deputación.

Igualmente interesáronse pólos prazos fixados para arranxar a travesía municipal na zona de O Perdouro, xá que consideran que dez meses despois os cidadáns de Burela non se merecen semellante tomadura de pelo.

Exit mobile version