Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela pide á Deputación arranxos e melloras en estradas

NOTA DE PRENSA DO PP DE BURELA

O GMPP pide que a Deputación rexenere o firme da estrada Burela-San Cibrao no tramo de Cervo.

Os populares lembran que a Deputación do PP rexenerou o firme no tramo de Burela a finais de 2006.

Solicitan aceras en tramos da estrada Burela-Rúa hasta o cementerio municipal burelés.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela afirmou hoxe que tén recibido queixas de usuarios residentes en Burela da estrada Burela-San Cibrao, dependente da Diputación Provincial, dado o mal estado do firme da indicada estrada, sobre de todo na zona de Rueta e nas inmediacións do parque empresarial de Cuiña, no termo municipal de Cervo. Ainda que o deterioro, dentro do termo municipal de Cervo, é mui acentuado, nesas zonas é máis acusado ó existir baches e badéns que fan que a inseguridade vaia paulatinamente en aumento.

Os populares subscriben integramente a petición formulada polo alcalde de Cervo á Deputación, porque consideran que esta estrada é actualmente a vía de comunicación por ecelencia entre Burela e San Cibrao, soportando unha importante densidade de tráfico.

Por este motivo, o GMPP burelés vén de presentar unha moción no concello para que a corporación burelesa solicite da Deputación que se redacte un proxecto de rexeneración do firme, alomenos no que se refire ó tramo do termo municipal de Cervo, e que se consigne a partida correspondente nos presupostos da Deputación do vindeiro ano 2011.

Os populares lembran que a última actuación feita nesta estrada foi a rexeneración do firme no tramo correspondente ó termo municipal de Burela, que supuxo un investimento de douscentos cincuenta mil euros a finais de 2006, cando en Burela e na Deputación gobernaba o PP. Os populares indican que presentan a moción porque, ainda que gran parte da estrada está no termo municipal de Cervo, a maioría dos seus usuarios son veciños de Burela.

Ademais, a moción dos populares solicita demandar da Deputación que se acondicionen aceras naqueles tramos nos que sexa posible na estrada Burela-Rúa, desde Burela hasta o cementerio municipal burelés, estrada que tamén depende da Deputación.

O GMPP considera que hai tramos nos que se pode levar a cabo perfectamente tal actuación, o que repercutiría mui positivamente na seguridade viaria. Precisamente nese sentido tamén solicitan que se incrementen os elementos de seguridade pasiva, como bandas rugosas e biondas. Lembran que esta estrada é mui usada por moitas persoas que vivindo nas parroquias do interior do concello de Cervo traballan en Burela, e por persoas de Burela que se desplazan ó cementerio ou ó monte Castelo.

Exit mobile version