Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela interesase por si “a doutora do Centro de Drogas” fai substitucións no SERGAS

Nota de Prensa

O GMPP pregunta pola compatibilidade da doctora do Centro de Drogas.
Os populares cren que puidera simultanear o seu traballo con substitucións no SERGAS.
Consideran que a política laboral do alcalde “é desastrosa”.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela presentou no pleno celebrado no día de onte, xoves, unha pregunta para interesarse polo contrato da doctora da UAD (Unidade de Atención á Drogodependencia), xa que cren que esta persoa podería estar, de forma simultánea, traballando ocasionalmente para o SERGAS.
Os populares entenden que esta persoa, actualmente con permiso non retribuido, non cumple regularmente co seu horario de traballo polo que entendemos que desde o concello debe aclararse se efectivamente traballa para o SERGAS ocasionalmente ou non, ainda que todo apunta a que así é. De feito, a esta persoa non se lle concedeu a compatibilidade por parte do concello, porque sencillamente non a solicitou. Outra persoa que traballa na UAD, en cambio, sí solicitou compatibilidade para realizar outra actividade e foille concedida.
Segundo o GMPP, este feito alomenos é irregular, porque, ainda con permiso non retribuido, ou durante as súas vacacións, as cotizacións á seguridade social por esta persoa sígueas facendo o concello; e se é verdade que se ausenta do seu traballo para ir traballar ó SERGAS, non habería dúbida de que se estaría cobrando dos cartos de todos os veciños e veciñas de Burela e ó mesmo tempo de todos os cidadáns galegos. Se o pode facer, nada que decir, pero alomenos entendemos que debería pedir a compatibilidade para que non haxa dúbidas ó respecto.
Os populares consideran que a resposta que deu o alcalde demostra que o alcalde é coñecedor do que está a suceder, pero que ademais consínteo, porque mesmo se atreveu a insinuar que esto xa se falara cando se contratou a esta persoa. Respectando o dereito ó traballo desta persoa, desde o PP temos que decir que a partires de agora os traballadores municipais teñen barra libre para traballar onde queiran e cando queiran, porque se o fai unha persoa por qué non as demais. Por certo, parece que desde a dirección da UAD se lle remitiu escrito ó alcalde para que abrira expediente a esta persoa, sen que hasta agora fixese nada, como nel é habitual.
Polo tanto, a resposta inmediata é do alcalde, “ainda que dubidamos que a dé, porque este home leva unha política de persoal errática, como o demostra que a Relación de Postos de Traballo (RPT) ainda non se elaborara; que a productividade, vendida como medida estrella para os traballadores do concello, se pagase un ano e logo se retirase; que se faigan esporádicamente comidas de traballadores en instalacións muncipais, ou que o rexistro municipal non teña un responsable definido nas últimas semana, xa que mesmo chega a ser  antendido por traballadores que son do grupo A da administración”.
“E todo esto, segundo o PP, sen que o alcalde aparentemente se entere de nada”. Polo tanto, “pedimos que explique a situación desta traballadora; se é legal, non pasa nada, pero se non o é, o alcalde debe dar as explicacións pertinentes e adoptar as medidas necesarias e suficientes para poñer coto a esta situación”.
Outra mostra máis da errática política laboral que se leva desde a alcaldía é que os policías municipais que fixeron horas extras durante as festas xa cobraron esas horas, o que nos parece ben, porque teñen dereito a elas. Pero os traballadores municipais que fixeron horas estras os días da ríada de mediados de xuño ainda non viron nin un só euro, e hai traballadores que teñen pendientes de cobro seiscentos euros. O alcalde tampouco aclarou cando cobrarían, a pesares de que o Estado xa lle enviou ó concello unha axuda de noventa mil euros para paliar os efectos das inundacións.
Ademais, no turno de rogos e preguntas o PP interesouse pola situación dunha plantación de eucaliptos ó lado do CEIP Vista Alegre que o concello ordenou retirar en xuño e que ainda permanece nas mesmas condcións, co conseguinte risco en caso de vento. A resposta do alcalde non deixa lugar a dúbidas da forma de ser absolutamente contradictoria do alcalde: os veciños teñen que convencerse por si solos das cousas que teñen que facer, o que demostra que el non vai facer nada.
Por último, os populares preguntaron polas queixas que xa hai rexistradas no concello polas molestias ocasionadas polos pubs Karben e antiguo KKUET. O PP pediu que se actúe cos  mesmos criterios para todos, cousa que agora non está a acontecer, xa que algúns péchanse e outros pagan as multas mesmo a prazos.

Exit mobile version