Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela di que espera que o campo de fútbol artificial da Marosa serva para formar persoas a través do deporte

Nota de Prensa

O GMPP burelés afirma que o bipartito burelés minteu sobre cando se podería usar o novo campo de fútbol da Marosa.

Aseguran que ó bipartito sóbralle soberbia e fáltalle traballo: NIeves Cando dixo que a Xunta bipartita tería o campo listo en setembro de 2008.

Os populares esperan que as instalacións servan para formar persoas a través do deporte.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela ratificouse hoxe en que o bipartito burelés, a través de Nieves Cando, minteu cando dixo que o novo campo de fútbol artificial da Marosa non podería ser usado hasta que se levara a cabo a inauguración das instalacións. Agora resulta que tanto a Xunta coma o PP tíñamos razón cando decíamos que o primeiro que había que facer era recepcionar a obra e a partires de ahí proceder ó seu uso. Agora, o concello xa tén recibida a obra de forma efectiva, e agardamos que proceda a levar a cabo os cuidados que esta instalación precisa e merece.

Para os populares, queda clara a manipulación  que tentou facer o bipartito e lembran que tamén quedou demostrado o retraso do bipartito en facer efectiva  a  aportación económica correspondente ó concello: nada menos que tres meses, desde finais de xuño a finais de setembro, e os papeles cantan. Sería bon que o propio alcalde explicase se informou deste documento ós seus socios de bigoberno, se escondeu o papel e en definitiva por qué non se fixo efectivo antes o abono da participación económica do concello.

Pero lembran que o primeiro engano ou mentira tamén correu a cargo da propia Nieves Cando, porque xa no verán de 2007 dixo que en setembro de 2008 a Xunta bipartita tería o campo de herba artificial listo para ser usado, algo que reiterou en varias ocasións. Cada quen que xulgue e opine: foise a Xunta bipartita e as obras quedaron sen nin siquera seren licitadas e adxudicadas.

Ademais, resulta curioso que se fixera do acto de entrega das instalacións, que non deixa de ser un mero acto administrativo, unha especie de invasión por parte de quen nunca nada fixo por que esta obra sexa unha realidade. Ó bipartito burelés sóbralle soberbia e prepotencia e fáltalle traballo e decencia. De feito, eles estarían máis contentos se a Xunta de Núñez Feijoo non realizase a obra, pero por encima de todo están os compromisos que no seu día asumiu o PP de Burela e a propia Xunta de Feijoo. Se o que fixeron eles coa entrega da obra, o fai o PP, ou se fixera un acto masivo de inauguración, PSOE e BNG poñerían o berro no ceo, de aí o cinismo destas persoas que non son capaces de admitir os seus erros, e que teñen un comportamento de mala educación non invitando ó grupo maioritario da corporación a actos oficiais vinculados co deporte como foi a recepción ó Burela Fútbol-Sala feminino.

O PP está satisfeito de que unha obra que arrancou en marzo de 2007 coa solicitude formulada polo goberno municipal popular, obra ratificada pola Xunta de Núñez Feijoo logo de que os dous bipartitos, da Xunta e de Burela, non fosen capaces de facer nada de nada, quede a disposición das categorías inferiores da S. D. Burela. O fútbol burelés está de noraboa, e agardamos que estas instalacións servan para formar persoas a través do deporte.

Exit mobile version