Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela defende a Xunta fronte ás reclamación do alcalde

Nota de prensa:
O GMPP asegura que o alcalde só busca enfrontamento coa Xunta.

Os populares califican de “cobarde e falto de valor” ó bipartito por non solicitar actuacións para Burela á Deputación e ó Goberno de Zapatero.

Advirten que a subida de impostos só serve para financiar o derroche do bipartito.

O Grupo Municipal do Partido Popular (GMPP) de Burela asegurou hoxe que o alcalde e o bipartito burelés só buscan o enfrontamento coa Xunta e co PP, e esquécense de mirar polos intereses do conxunto dos cidadáns, tal e como se demostrou no pleno celebrado onte, onde quedou totalmente claro que o bipartito non conta con ningún tipo de proxecto, e que a súa actuación política para por perpetuarse no sillón sen facer absolutamente nada, unicamente propaganda.

Se o PP apoiu meción de solicitarlle á Xunta máis investimentos, o alcalde non quixo saber nada de pedirlle compromisos de investimentos á Deputación e ó Goberno Central.

No caso da Deputación, tratábase de solicitar que a Deputación acondicione a estrada Burela-San Cibrao, de competencia da propia Deputación, que tén a obriga de mantela en condicións óptimas. Tén tan desfachatez o alcalde que chegou a afirmar que os tramos de Rueta e Cuiña, por onde pasan moitos bureleses todos os días están en bon estado. E no que respecta á construcción de aceras en certos tramos da estrada Burela-Rúa dixo que nada de nada. En definitiva, que o alcalde non quere molestar nin á Deputación nin a Besteiro, pero foi incapaz de poñer un prazo para arranxar a travesía municipal na zona de O Perdouro.

Máis grave é a súa postura con respecto ó goberno de Zapatero. Porque parece que todos os temas que citamos a continuación non teñen nada que ver con Burela, palabra que en ningún momento aparece nos presupostos de Zapatero para 2011. A Burela non lle afecta nin o trazado nin cando se vai construir o corredor Barreiros-San Cibrao; a Burela tampouco lle afecta que se abran canto antes os tramos da A-8; ós veciños e veciñas de Burela tampouco nos afecta que se mellore o entronque da travesía municipal coa variante dirección Cervo onde por desgracia xa houbo algún morto; tampouco nos afecta a conxelación das pensións; nos dá igual devolver as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009, aproximadamente uns catrocentos cincuenta mil euros, en cinco anos ca en dez; se o cuartel da Garda Civil se deteriora, tampouco lle afecta a Burela; igualmente os cidadáns de Burela somos tan rumbosos que para que queremos que o Goberno Central fixe definitivamente a financiación local e lle dea fondos precisos ás comunidades autónomas para garantir a sanidade, o ensino e a lei de dependencia. Pois nada de esto, absolutamente nada, tén que ver con Burela segundo o alcalde e o bipartito, que se opuñeron a plantexarlle estas demandas ó goberno de Zapatero. O comportamento do alcalde e do bipartito é unha clara mostra de desprecio ós cidadáns de Burela, unha grave irresponsabilidade e a máis viva mostra de hasta onde se pode ser politicamente cobarde e non ter valor para pedir o que se considera que hai que pedir.

E para demostrar que este alcalde non tén proxecto, tivo a cara de pedirnos ó PP que á súa vez lle pedíramos a Medio Rural que arranxase o derrube do Camiño do Cancelo; algo lóxico, se consideramos a incapacidade manifesta deste home de negociar nada, nin tan siquera os prazo de arranxo na zona de O Perdouro. E no caso do Camiño do Cancelo, infraestructura propiedade do concello, tampouco foi capaz a falar de ningún prazo.

Eso sí, súbennos os impostos para poder garantir o despilfarro e a propaganda, que é o único que saben facer. Se non fose polo Plan E, nin unha sola obra se tería feito en Burela, e ainda así os máis de dous millóns de euros do Plan E non se teñen notado salvo nas farolas.

En definitiva, a xestión do alcalde e do bipartito é un auténtico desastre, que se caracteriza por non responsabilizarse de nada, cargarlle as culpas sempre ós demais, e se son do PP mellor, e non comprometerse a nada.

Exit mobile version