Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que a Deputación non executa os investimentos que presuposta

Nota de prensa

O GPPP denuncia que a Deputación non executa os investimentos que presuposta

* Os populares suliñan que a 30 de xuño a administración provincial só tiña empregado o once por cento do orzamento adicado a investimentos reais e advirten que a este ritmo é imposible vertebrar a provincia

Lugo, a 31 de outubro de 2010.- O Grupo provincial do Partido Popular denuncia que a Deputación de Lugo compromete gasto pero despois non o inviste, segundo se desprende do estado de execución do presuposto do ente provincial a 30 de xuño do presente ano.

Para os populares, o feito de que se dera conta do balanzo orzamentaria no pleno celebrado hai uns días constata, unha vez máis, que o forte do presidente Gómez Besteiro non é precisamente o traballo, tanto pola tardanza en presentar o documento, coma polos datos que do mesmo se desprenden.

Así, os populares aseguran que a Deputación só tiña recoñecido, a 30 de xuño, o 11’12% do presuposto consignado para investimentos reais, ou sexa, escasamente nove millóns e medio de euros, o que revela que o grao executor do bipartito provincial e moi reducido.

Igualmente, no que se refire a transferencias de capital, o bipartito provincial só tiña recoñecido o 11’29%, algo menos de catro millóns de euros.

Estes dous capítulos, salientan dende o GPPP, son os que realmente absorben a capacidade inversora da Deputación, e o grao de execución recoñecido constata que o bipartito practica unha política con clara intencionalidade partidista, centrada exclusivamente en acadar rendabilidade electoral.

Esto, xunto co escaso cumplimento dos presupostos dos anos anteriores, demostra, na opinión dos populares, que Gómez Besteiro non ten ningún interese na vertebración da provincia nin en poñer en práctica accións que contribúan a superar a crise, pero que si ten moito afán por adicar os últimos meses do mandato a facer campaña electoral cos cartos de todos os cidadáns da provincia.

No que se refire ó estado de ingresos a situación é parecida. Tamén a 30 de xuño, a Deputación de Lugo ingresara únicamente o 35’3% do orzamento co que contaba. Os populares chaman a atención sobre o feito de que a administración provincial só recibiu o 41’52% dos 56 millóns de euros que tiña previsto en materia de transferencias correntes, das que prácticamente o cen por cen proveñen do Estado.

Exit mobile version