Nota de Prensa 1/2
O IES Perdouro participará nun novo proxecto a nivel europeo
Tras un período de proposta e avaliación inicial, o IES Perdouro e o BBZ Augsburg gGmbH deron un paso adiante os pasados días 5 e 6 de outubro co fin de debatir e concretar diversos aspectos deste proxecto pioneiro, relacionado co impulso da inserción laboral de individuos pertencentes a colectivos socialmente desfavorecidos. Nestas datas, o coordinador do proxecto no BBZ Augsburg gGmbH, Hubertus Freisinger, visitou Burela para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece a localidade. Durante a estancia, Herr Freisinger foi acompañado pola vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga, e reuníuse con diversos membros do instituto, co alcalde, Alfredo Llano, e coa concejala de Educación, Lucía Bouza.
Como resultado destes encontros, os integrantes do proxecto mostraron a súa satisfación cos términos establecidos e acordaron levar este a cabo antes do remate de 2010. Asemesmo, os participantes consideran que este proxecto será unha experiencia positiva de aprendizaxe mutua e que podería dar pé a futuras colaboracións entre as localidades de Burela e Augsburg.
Nota de Prensa 2/2
ALFREDO LLANO E LUCÍA BOUZA RECIBIRON AO COORDINADOR DUN PROXECTO INTERNACIONAL NO QUE PARTICIPA O IES PERDOURO DE BURELA.
O IES Perdouro participará no curso escolar actual como organismo colaborador nun proxecto internacional no marco da Unión Europea. Este levarase a cabo en colaboración co Berufsbildungszentrum (BBZ) Augsburg gGmbH, un centro de formación e inserción laboral da localidade alemana de Augsburg. Este proxecto está respaldado polo Ministerio de Traballo e Asuntos Sociais de Alemania e polo Fondo Social Europeo e os participantes contarán coa asistencia do Concello de Burela.
Tras un período de proposta e avaliación inicial, o IES Perdouro e o BBZ Augsburg gGmbH deron un paso adiante estes días 5 e 6 de outubro co fin de debatir e concretar diversos aspectos deste proxecto pioneiro, relacionado co impulso da inserción laboral de individuos pertencentes a colectivos socialmente desfavorecidos. Nestas datas, o coordinador do proxecto no BBZ Augsburg gGmbH, Hubertus Freisinger, visitou Burela para coñecer de primeira man as posibilidades que ofrece a localidade. Durante a estancia, Freisinger estivo acompañado pola vicedirectora do IES Perdouro, Karina Parga, e reuníuse con diversos membros do instituto ademáis de co alcalde, Alfredo Llano, e coa concelleira de Educación, Lucía Bouza.
Como resultado destes encontros, os integrantes do proxecto mostraron a súa satisfación cos términos establecidos e acordaron levar este a cabo antes do remate de 2010. Asimesmo, os participantes consideran que este proxecto será unha experiencia positiva de aprendizaxe mutua e que podería dar pé a futuras colaboracións entre as localidades de Burela e Augsburg.