Site icon Crónica3.com A Mariña

O IES Perdouro de Burela organiza unha actividade de fomento á lectura coas do mes das Bibliotecas

O IES Perdouro de Burela organiza unha actividade de fomento á lectura coas do mes das Bibliotecas

Nota de Prensa

O próximo luns, día 25 de outubro, ás 18:15 horas, realizarase na biblioteca do IES Perdouro unha actividade especial de fomento da lectura. Nesta ocasión presentaremos a obra Soños Chuchados en apreixos furtados, primeira publicación do profesor Luís Ramilo, docente da área de Imaxe Persoal neste centro educativo e menbro do equipo de Biblioteca. Ademais do autor, no acto está previsto que interveñan Karina Parga (Vicedirectora) e Juana Bernárdez Seoane (coordinadora das actividades a realizar na biblioteca durante este curso 2010-2011).

Desde a primeira hora da mañá, no recibidor do módulo principal do IES Perdouro estará aberta ao público unha exposición de esculturas realizadas polo propio autor, manifestacións plásticas que teñen especial protagonismo na obra que se presenta.

Exit mobile version