Site icon Crónica3.com A Mariña

O grupo de desenvolvemento local aprobou tres proxectos por importe de 88 mil euros con financiación do Leader

Nota de Prensa

Mondoñedo, 15 de outubro de 2010

A XUNTA DIRECTIVA DO GDR APROBA A REALIZACIÓN DE NOVOS PROXECTOS CON FINANCIACIÓN DO PROGRAMA LEADER POR UN IMPORTE DE 88.000 EUROS

Coa aprobación destes proxectos, a cantidade de axudas aprobadas pola Xunta Directiva do GDR de A Mariña está próxima aos 800.000 euros .

A Xunta Directiva aprobou na súa sesión do 14 de outubro axudas para tres novos proxectos consistentes na creación dunha lavandería no concello de Xove, a apertura dunha tenda de produtos da zona en Ribadeo e a compra de maquinaria para unha empresa de servizos forestais do concello de O Valadouro.

Con estes tres proxectos crearanse tres postos de traballo de mulleres e permitirán a consolidación de 7 empregos. Deste xeito, serán máis de 50 os postos de traballo que se consolidarán vinculados ás axudas do Leader.

Con esta aprobación lógrase o compromiso total da medida destinada á diversificación da economía rural para o ano 2010; o que supón iniciar os compromisos das cantidades consignadas na anualidade 2011.

TAMÉN SE CELEBROU ASEMBLEA XERAL EXTRAORDINARIA DA ASOCIACIÓN.

Na mesma data tivo lugar tamén asemblea extraordinaria da asociación na que se levou a cabo a renovación parcial da xunta directiva. Nesta ocasión, dando cumprimento aos dictados dos estatutos, procedeuse á renovación de parte dos seus membros, entre os que se atopaban a presidencia e a secretaría, ademais de oito dos vogais. O posto da presidencia é ocupado novamente polo presidente da Asociación de Produtores de Madeira de Ribadeo, Anxo Martínez Pérez e no de secretaría repite a presidenta da Asociación de Mulleres Rurais Porta Norte, Azucena González Loredo.

Na asemblea tamén se aprobou un plan de información dirixido aos sectores agrario e forestal, de cara a incentivar a presentación de proxectos relacionados con tais sectores. Dacordo coas liñas acordadas, no vindeiro mes de novembro levaranse a cabo diversas charlas en concellos da comarca cunha importante presenza de explotacións agrarias e forestais.

Exit mobile version