Site icon Crónica3.com A Mariña

O goberno de Burela reitera que o campo de herba artificial da Marosa é froito dun convenio co anterior goberno da Xunta

Nota de prensa:
NEVES CANDO ACUSA AO PP DE FACER CRÍTICA ENFERMIZA DA LABOR DO EQUIPO DE GOBERNO E DE ESTAR MÁIS PREOCUPADO POLO SEU MEDRE POLÍTICO QUE POLO BEN DOS VECIÑOS. A EDIL DE DEPORTES REITERA QUE O CAMPO DE HERBA ARTIFICIAL É UNHA REALIDADE PORQUE O EQUIPO DE GOBERNO ASINOU UN CONVENIO COA ANTERIOR XUNTA PARA EXECUTAR DITAS OBRAS.

Burela, 4 de outubro de 2010. A tenente de alcalde e concelleira de Deportes, Neves Cando, acusa ao PP de facer crítica enfermiza da labor do equipo de goberno e de estar máis preocupado polo seu medre político que polo ben dos veciños de Burela. Así resposta ás críticas verquidas nas últimas horas desde o grupo municipal popular sobre o campo de herba artificial de A Marosa.

Cando sinalou que “este próximo xoves ás 14 horas a Xunta de Galicia procederá á entrega do campo de herba artificial de A Marosa ao Concello de Burela e isto soubémolo o pasado venres porque se nos enviou un fax comunicando a entrega de dita obra. Curiosamente recibimos esta notificación dous días despois de que denunciáramos públicamente o retraso na entrega desta obra que xa levaba rematada quince días porque, segundo nos comunicaron desde a Secretaría Xeral para o Deporte, había que agardar a que decidiran quen viña a entregar a obra ou o secretario xeral ou o presidente da Xunta. Agora alegrámonos de que rectificaran e pensaran que os nenos de Burela non teñen ningunha culpa das axendas dos políticos e que nos entreguen a obra e poidamos utilizala para os adestramentos e para a disputa dos partidos de fútbol do noso equipo local”.

A edil nacionalista reiterou que “o campo de herba artificial de A Marosa é hoxe unha realidade porque nós, e non o PP, asinamos un convenio coa anterior Consellería de Cultura e Deporte para cofinanciar esta instalación deportiva que supuxo un investimento de máis de 600.000 euros. Despois de conseguir todos os permisos para levala a cabo esta obra é xa unha realidade e o único que fixo o PP neste tema é licitar a obra, vir sacar unha foto ao inicio deses traballos e agora pretender retrasar o seu uso para sacarse outra foto, ésta é a realidade e o PP non ten nin idea de todo isto porque só están preocupados por dúas cousas. Unha, facer unha crítica enfermiza con descalificacións persoais e sen ningún xeito da labor do equipo de goberno porque estamos a traballar e a facer cousas que o PP en doce anos de goberno en Burela nunca fixo e isto dóelles moito porque a xente valórao e comparao e o resultado déixaos moi mal parados”.

Neves Cando explicou que “a segunda cousa que preocupa e moito ao PP de Burela é o futuro do seu actual portavoz municipal, moi desquiciado últimamente porque lle están buscando relevo e as enquisas non lle dan moi boas perspectivas de futuro. E cando a xente está máis preocupada polo seu futuro e polo seu medre político que polo ben dos veciños é cando aparece ese desacougo interno e ese nerviosismo que lles produce unha enfermiza obsesión pensando que todas as cousas deste mundo foron feitas grazas a un mesmo e que os demáis non fan nada e encima menten. E si queren comprobar isto eu convido a todos os veciños e veciñas de Burela a que acudan aos plenos municipais e vexan en qué estado se atopa a nosa oposición e despois valorarán quen mente e quen non, porque falar é moi fácil cando non se fai outra cousa de proveito e como di o refrán pensa o ladrón que todos son da súa condición”.

Exit mobile version