Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Ribadeo abre o prazo de inscrición na ximnasia de mantemento nas parroquias

Nota de prensa:
O VENRES ÁBRESE O PRAZO DE INSCRICIÓN NA XIMNASIA DE MANTEMENTO NAS PARROQUIAS QUE ORGANIZA A DELEGACIÓN DE DEPORTES.

Ribadeo, 11 de outubro de 2010. O vindeiro 15 de outubro ábrese o prazo de inscrición na ximnasia de mantemento nas parroquias que organiza a Delegación de Deportes de Ribadeo.

As clases desenvolveránse desde o 2 de novembro ata o 30 de abril e como en anos anteriores será preciso presentar un informe médico conforme se pode realizar dita actividade física.

A ximnasia de mantemento será impartida os luns e mércores de catro a cinco da tarde en Vilaframil; os martes e os venres de cinco a seis na Devesa; os luns e mércores de cinco e media a seis e media en Vilausende; os luns e mércores de seis e media a sete e media da tarde en Vilela e os martes e venres tamén de seis e media a sete e media en Rinlo/Obe. En Vilaselán as clases de ximnasia serán os xoves de 7 a 8 da tarde e os luns de 8 a 9; en Couxela terán lugar os luns e mércores de 8 a 9 da tarde e en Cinxe os martes e venres tamén de 8 a 9. En Cedofeita haberá ximnasia os luns de nove e dez a dez e dez da noite e os xoves, en dous grupos, de oito e media a nove e media e de nove e media a dez e media. E en Remourelle as clases están previstas para os luns e mércores de nove e media a dez e media da noite.

O Concello de Ribadeo enviou xa cartas hai uns días aos veciños das parroquias animándoos a que participen nesta actividade.

Exit mobile version