O concello de Cervo convoca os concursos de narración “Carta a un maltratador” e de debuxo infantil “Cervo pola Igualdade” organizados e promovidos dende a Concellería de Asuntos Sociais de Cervo. Salientar que este ano celebrase por vez primeira o concurso de debuxo infantil “Cervo pola Igualdade” que pretende sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a violencia de xénero entre os nenos menores de 12 anos.
BASES “CERVO POLA IGUALDADE”
BASES
OBXECTIVO: Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a
violencia de xénero
DESTINATARIOS: Menores de 12 anos empadroados no Concello de Cervo.
Haberá tres categorias:
a) De 3 a 5 anos (2º ciclo de educación infantil)
b) De 6 a 8 anos (1º, 2º e 3º de educación primaria)
c) De 9 a 12 anos (4º, 5º e 6º de educación primaria)
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles
dunha folla cos seus datos persoais (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de
contacto). Os debuxos presentaranse no Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San
Cibrao
O enfoque será libre anque sempre relativo á igualdade entre xéneros. Os traballos
presentaranse en tamaño folio DIN A4.
O prazo de presentación remata o 30 de outubro de 2010
O xurado seleccionará os debuxos gañadores, tres por categoría. Os premios serán
lotes de material escolar.
7. Os traballos, tanto os premiados como os non premiados, quedarán a tódolos efectos
en poder do Concello de Cervo quen decidirá sobre o seu uso segundo considere oportuno.
BASES IV CONCURSO DE NARRACIÓN “CARTA A UN MALTRATADOR”
BASES
OBXECTIVO: Sensibilizar sobre a igualdade de oportunidades e previr a
violencia de xénero
DESTINATARIOS: Maiores de 12 anos empadroados no Concello de Cervo.
Cada autor/a pode presentar cantos traballos desexe, acompañando cada un deles
dunha folla cos seus datos persoais (nome e apelidos, idade, enderezo e teléfono de
contacto). As cartas serán en galego e presentaranse no Concello de Cervo ou na Casa da
Cultura de San Cibrao
O enfoque será libre anque sempre relativo á violencia e ós malos tratos no ámbito
familiar. Os traballos presentaranse en formato de carta e o seu contido será a mensaxe que
se queira transmitir a unha persoa que sexa o suposto maltratador ou maltratadora
O prazo de presentación remata o 25 de novembro de 2010
O xurado seleccionará unha carta gañadora. O fallo do xurado farase público en
decembro. O premio serán 100 € para gastar en calquera establecemento (comercial ou
hostaleiro) do municipio.
7. Os traballos, tanto os premiados como os non premiados, quedarán a tódolos efectos
en poder do Concello de Cervo quen decidirá sobre o seu uso segundo considere oportuno.
ORGANIZA: CONCELLO DE CERVO
DELEGACIÓN DE ASUNTOS SOCIAIS E IGUALDADE