Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo organiza por segundo ano actos para celebrar a festividade do Samaín

Nota de prensa

CERVO CELEBRA O “II SAMAÍN CONCELLO DE CERVO”  PARA OS MÁIS CATIVOS DO MUNICIPIO

Cervo, 26 de outubro de 2010.- O Concello de Cervo, a través da Oficina de Información Xuvenil,  organiza por segundo ano consecutivo un programa de actos para celebrar a festividade do Samaín entre os máis cativos do municipio.

A data desta celebración será o vindeiro día 1 de novembro, e as actividades desenvolveranse no salón de actos da Casa do Mar a partires das catro da tarde coa seguinte programación:

o Nenos de 0 a 6 anos: Obradoiro de disfraces do Samaín (de 16.00h a 17.00h.)

o Nenos de 6 a 9 anos: Taller de decoración de cabazas para Samaín (de 17.00h. A 18.00h.)

o Nenos de 9 a 12 anos: Taller de cociña de doces típicos do Samaín elaborados con cabaza (de 18.00h. A 19.00h.)

o A xornada rematará  coa celebración do “Baile dos esqueletes” onde todos os nenos e nenas poderán gozar da xornada festiva cos disfraces, adornos e doces elaborados por eles mesmos.

As actividades son gratuítas e dende a organización rógase que os nenos veñan provistos dun delantal para evitar mancharse a súa roupa durante a celebración dos obradoiros.

Exit mobile version