Nota de prensa
CERVO CELEBRA O “II SAMAÍN CONCELLO DE CERVO” PARA OS MÁIS CATIVOS DO MUNICIPIO
Cervo, 26 de outubro de 2010.- O Concello de Cervo, a través da Oficina de Información Xuvenil, organiza por segundo ano consecutivo un programa de actos para celebrar a festividade do Samaín entre os máis cativos do municipio.
A data desta celebración será o vindeiro día 1 de novembro, e as actividades desenvolveranse no salón de actos da Casa do Mar a partires das catro da tarde coa seguinte programación:
o Nenos de 0 a 6 anos: Obradoiro de disfraces do Samaín (de 16.00h a 17.00h.)
o Nenos de 6 a 9 anos: Taller de decoración de cabazas para Samaín (de 17.00h. A 18.00h.)
o Nenos de 9 a 12 anos: Taller de cociña de doces típicos do Samaín elaborados con cabaza (de 18.00h. A 19.00h.)
o A xornada rematará coa celebración do “Baile dos esqueletes” onde todos os nenos e nenas poderán gozar da xornada festiva cos disfraces, adornos e doces elaborados por eles mesmos.
As actividades son gratuítas e dende a organización rógase que os nenos veñan provistos dun delantal para evitar mancharse a súa roupa durante a celebración dos obradoiros.