Nota de Prensa
O CONCELLO DE CERVO COLABORA COAS ESPALLADORAS NOS ‘DOMINGOS DE TEATRO’ QUE VAN TER LUGAR ESTE MES DE OUTUBRO EN SAN ROMÁN
* Todas as obras desenvolveranse no pavillón da Asociación de Montes de San Román de Vilastrofe a partires das 19.00 horas
Cervo, 15 outubro de 2010.- Hoxe tivo lugar no salón de actos municipal a presentación do programa dos “Domingos de Teatro” adicado ao teatro afeccionado que organiza a Asociación de Mulleres Rurais “As Espalladoras” coa colaboración do Concello de Cervo. Ao acto asistiron as representantes deste colectivo feminino e as concelleiras cervenses Pilar Armada e Yolanda Pedreira.
As obras programadas desenvolveranse nos tres domingos que restan do presente mes de outubro a partirtes das 19.00 horas no pavillón da Asociación de Montes de San Román de Vilastrofe. Comezarán pasado mañá, día 17, coa obra “A Loitaría” a cargo do grupo Raiola de Alfoz. O vindeiro domingo, día 24, o grupo de teatro Ardora de San Ciprián porá en escena a obra “Estigma” e o día 31 pechará a programación o grupo Axouxeres de Vilaronte coa obra “Farsa escocesa e século XXI”.
Ademais da colaboración do Concello de Cervo, “As Espalladoras” tamén recibiron a axuda da área de Cultura da Deputación e da Asociación de Montes de San Román de Vilastrofe para a realización desta programación.