Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Burela construirá canís para acoller temporalmente a dúas cadelas

Nota de prensa

O CONCELLO CONSTRUIRÁ UNS CANÍS PARA ACOLLER TEMPORALMENTE ÁS DÚAS CADELAS QUE FORON ABANDOADAS HAI DÍAS NO CEMITERIO MUNICIPAL. LUCÍA BOUZA ASEGURA QUE CANDO ESTEAN PREPARADAS SERÁN POSTAS EN ADOPCIÓN.

Burela, 19 de outubro de 2010. O Concello construirá uns canís para acoller temporalmente ás dúas cadelas que foron abandoadas hai días no cemiterio municipal, segundo ven de anunciar a concelleira de Medio Ambiente.

Lucía Bouza di que “a presenza dos animais nesa zona está a causar preocupación a algúns veciños e veciñas de Burela e nós estamos a facer xestións para sacalas dese lugar o antes posible. O que pretendemos é construir uns canís para que nos poidamos ocupar da súa atención ata o momento no que consigamos atopar persoas dispostas a adoptalas. Estes canís estarán feitos a finais desta semana polo que, segundo as nosas previsións, o sábado recolleremolas do cemiterio”.

A edil socialista referíuse ao estado das cadelas que “é bastante bó grazas á colaboración dalgunhas persoas que, de xeito desinteresado, ocupáronse de facilitarlles alimento e tamén de desparasitalas. Aproveito a ocasión para agradecer a estas persoas a súa axuda. E pido tamén un pouco de paciencia ás persoas que estes días acuden ao cemiterio, xa que o asunto quedará solucionado, como máximo esta fin de semana e ademáis as cadelas non representan, a día de hoxe, perigo algún para a poboación, posto que, ademáis de ser moi mansiñas, están desparasitadas”.

Unha vez que estean preparadas serán postas en adopción. Calquera persoa que desexe información pode chamar ao 648 26 05 55, ou ao teléfono do Concello de Burela: 982 58 60 00.

Exit mobile version