Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Barreiros oferta talleres e cursos dirixidos a terceira idade

Nota de Prensa

O CONCELLO ORGANIZA TALLERES PARA A TERCEIRA IDADE E CURSOS DE PINTURA E DE MANUALIDADES. UNHA PARTE DAS ACTIVIDADES DAN COMEZO O VINDEIRO LUNS 4 DE OUTUBRO.

Barreiros, 1 de outubro de 2010. O departamento de Servizos Sociais do Concello organiza talleres para a terceira idade e cursos de pintura e de manualidades. Unha parte destas actividades darán comezo o vindeiro luns 4 de outubro.

Os talleres para a terceira idade teñen como destinatarios aos maiores de 65 anos, aos maiores de 60 que sexan pensionistas ou persoas con discapacidades. Terán lugar de outubro a xuño de luns a mércores de catro a seis da tarde no centro sociocultural Manuel Díaz Sampedro. O inicio está previsto para o vindeiro luns 4 de outubro.

Todos os veciños de Barreiros que o desexen poden participar no curso de pintura que comeza este mes e que se prolongará ata xaneiro nas antigas escolas unitarias das diferentes parroquias do concello, a excepción de San Miguel que terá lugar no colexio público. O horario será de 15:30 a 19:00 horas. O luns 4 de outubro o curso será en Vilamar, o martes día 5 en Cabarcos, o día 6 en Vilamartín Pequeno, o 7 de outubro en San Miguel e o día 8 en San Cosme. (Os veciños de Vilamartín Pequeno e Vilarmartín Grande acudirán ao curso os mércores en semanas alternas).

Xaneiro e febreiro

E xa para finais de xaneiro e principios de febreiro está previso o curso de manualidades. Destinado a todos os veciños do concello terá por escenario as antigas escolas unitarias das diferentes parroquias, excepto en San Xusto que será no teleclube. O horario será de 15:30 a 19:00 horas. O 31 de xaneiro dará comezo en Rilleira, o 1 de febreiro en San Xusto, o 2 de febreiro en Celeiro, o día 3 será o turno para os veciños de San Pedro e o 4 de febreiro para os de Reinante. O curso de manualidades rematará no mes de maio.

Exit mobile version