Site icon Crónica3.com A Mariña

O CD Burela FS ofertará a socios e socias un “Cheque Regalo de Cruceiro” do Club Oro Viajes

Nota de Prensa

O CLUB ORO VIAJES AGASALLARÁ OS SOCIOS/AS BURELISTAS CUN ‘CHEQUE REGALO DE CRUCEIRO’

O CD Burela FS dá un paso máis no especial coidado dos socios/as laranxas e dos seus intereses. Deste xeito, a entidade vén de asinar un acordo de colaboración co Club Oro Viajes, do tour operador Dividi Travel SL, mediante o cal os socios e socias burelistas se beneficiarán dun suculento ‘Cheque Regalo de Cruceiro’. O delegado da axencia na Mariña, José Ramón Rodríguez, foi recibido na sede burelista polo vicepresidente da entidade, Manuel Blanco, para pechar o compromiso.

O devandito bono de Oro Viajes brindará a posibilidade de gozar dun desconto de 300 euros no caso de 2 adultos, con ou sen nenos, e 150 euros de desconto para 1 adulto viaxando só (maiores de 18 anos) nunha reserva de cruceiro da compañía MSC Cruceros de mínimo 8 días. O hotel La Quinta Park Suites, de Tenerife, tamén ofrecerá vantaxes para os socios/as burelistas, cun desconto de 150 euros no caso de 2 adultos, con ou sen nenos, ou 75 para 1 adulto viaxando só, nunha estancia mínima de 7 días, con media pensión.

Oro Viajes incorporouse ao mercado turístico cunha innovadora forma. Esta axencia de viaxes funciona cun formato de club, no que os seus abonados pagan unha cota anual (válida para 2 adultos e fillos menores de 18 anos) para gozar de paquetes turísticos, cruceiros, hoteis, alugueiro de vehículos… a prezos de almacenista, multitude de servizos sen restricións de datas nin número de reservas. Ademais, a todos os socios e socias burelistas que se adhiran ao Club Oro Viajes regalaráselles un circuíto de 8 días pola Riviera Turca.

Os interesados/as poderán recibir máis información na sede do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou a través do número de teléfono 982 58 18 15.

Exit mobile version