Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. B. Xove perdeu por 57 puntos a 55 na cancha do Tuimil en Ferrol

CRÓNICA

(foto: Miguel Fraga)

XOVE (M.F.O.) .- O C. B. Xove non foi capaz de saír airoso do seu viaxe a Ferrol e caeu derrotado polo Tuimil Electricidad que ata o momento era o último clasificado. Na primeira metade do partido os fallos ofensivos dos dous equipos mantivo o marcador moi igualado pero a reacción dos mariñáns no terceiro cuarto colocounos cunha vantaxe de 14 puntos a falta dos últimos dez minutos. Neste último cuarto os locais víronse moi acertados dende a liña de tres puntos e remontaron o partido para finalmente gañar por 57 puntos a 55.
Polo C. B. Xove anotaron: Javi (4), Juan María (17), Curro (6), Andrés (12), Víctor Alcalde (8) –  Fernando (2), Brais, Alberto (6), Reigosa, Álvaro e Joany.

Exit mobile version