Site icon Crónica3.com A Mariña

O C. B. Celtas-Primera Calidad estreouse na liga autonómica cunha vitoria por 63 puntos a 62

CRÓNICA

(foto: Miguel Fraga)

FOZ (M.F.O.) .- O Celtas de Foz comezou a Liga Autonómica tras descender a pasada campaña de Primeira Nacional. Esta nova tempada o equipo perdeu varios veteranos e chegaron novos xogadores para rexuvenecer o plantel. Tamén cabe destacar o cambio de adestrador pois este ano dirixirá o equipo o viveirense Carlos Novo. No primeiro partido da tempada visitaba Marzán o Oso Polar Costa da Morte de Cee e a vitoria local tivo que decidirse nos últimos segundos. Durante todo o partido os visitante foron por encima no marcador pois os focenses non estiveron acertados co tiro exterior. So a partir dos últimos minutos a gran defensa dos mariñáns os logrou poñer por encima. Cando o partido xa parecía decidido dúas triplas dos visitantes e unha técnica contra o Celtas volveron a poñer a igualada. Finalmente o maior acerto ofensivo dos focenses deulles a vitoria por 63 puntos a 62.

Exit mobile version