Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG tratará diversos temas con diferentes colectivos sociais de Foz e de Burela

Nota de Prensa
Rolda de Prensa coa Plataforma da Sanidade.

O Bloque Nacionalista Galego manterá na xornada de mañá tres encontros con diferentes colectivos sociais da Mariña, no que se contará coa presencia do Parlamentario Autonómico Fernando Blanco, que se interesará pola problemática destes colectivos e dará a coñecer a posición do BNG ao respecto.

A primeira das xuntanzas celebrarase ás 11:00 h no Mesón o Poeta de Burela, cos representantes da Plataforma Sanitaria da Mariña, nesta reunión tratarase a situación das listas de espera no Hospital, a dotación orzamentaria para o Hospital así como o decreto de organización do SERGAS que ven de publicar o DOG.

A segunda das xuntanzas celebrarase ás 12:00 h no local da asociación de Veciños de Foz e nela, o Deputado Nacionalista reunirase cos representantes da Comisión Focega en defensa da Sanidade Pública aos que lle dará conta das iniciativas que no plano institucional aten presentado o BNG no Parlamento.

A terceira das reunións que manterán os nacionalistas será cos colectivos focegos que reclaman unha residencia para a localidade, e concretamente respondendo a unha petición deste colectivo, que se dirixiu aos grupos parlamentarios para esixirlle un compromiso de que nos Orzamentos de 2011 se recolla unha partida para a construcción desta infraestructura, a fin de permitir o seu remate no horizonte de 2013. Esta xuntanza celebrarase ás 13:00h.

A tal fin convocámosvos a unha Rolda de Prensa, coa presenza dos representantes da Plataforma sanitaria a celebrar ás 11.00h do Xoves 28 de Outubro. no Mesón o Poeta de Burela, na que Fernando Blanco informará dos temas que se van tratar nesta Xornada.

Exit mobile version