Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG denuncia que están desmantelando a embarcación “A Pomba” propiedade do concello de Viveiro

Nota de Prensa

O BNG DENUNCIA QUE A EMBARCACIÓN “A POMBA”, PROPIEDADE DO CONCELLO DE VIVEIRO, ESTÁ SENDO DESMANTELADA.

A embarcación  “A Pomba”, propiedade do Concello de Viveiro dende o mandato pasado, coa finalidade de destinala para Aula-museo, está sendo desmantelada.

Segundo nos manifesta unha testemuña que estaba nas inmediacións do peirao deportivo de Viveiro, “a primeiros do mes de setembro, unha furgoneta co logotipo da Deputación Provincial cargou diversos aparellos da embarcación e marchou”, manifesta o Concelleiro do BNG de Viveiro.

O BNG de Viveiro, considera moi grave que nesta data diversas persoas entraran na ponte da embarcación, mesmo rompendo as portas, e levaran sondas, radar, e os aparellos da ponte, incluso a roda do timón, ademais da antena do radar,  dous proxectores e cargadores de baterías, deixando caixóns e portas rotas no seu interior.

Dende logo con esta acción, consideramos que difícilmente esta embarcación sexa xa recuperable para o fin que estaba destinada, e que ainda se pensaba destinar, segundo a contestación do Alcalde de Viveiro a unha pregunta do noso grupo na sesión de Pleno do mes de setembro.

O BNG, pregúntase se o goberno municipal ten coñecemento desta acción, e se alguén deu a orde de sacar os aparellos da ponte da embarcación propiedade municipal e para qué foron destinados.

Exit mobile version