Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Foz convoca unha reunión para tratar o tema do centro residencial de día

Nota de Prensa

O BNG CONVOCA UNHA REUNIÓN PARA TRATAR O TEMA DO CENTRO RESIDENCIAL DE DÍA

“Ninguén se ten que sentir excluído, pois temos que remar todos na mesma dirección” declara Basanta

Foz, a 15 de outubro de 2010.- O BNG vai a convocar a todas as organizacións políticas e sociais do Concello de Foz a unha xuntanza para o próximo sábado, día 23 de outubro, ás 18:00 horas na Casa da Cultura de Foz para tratar o tema da Residencia para Foz.

A construcción dunha Residencia con Centro de Día é unha vella reivindicación do pobo de Foz. Unha reivindicación xusta porque existe unha gran demanda de prazas das que hoxe o Concello de Foz non conta e que provoca que moitas persoas teñan que desprazarse a outros centros xeriátricos situados noutras localidades ou nalgúns casos quedarse sen a atención debida. Hai que reiterar, di o portavoz municipal, Xan Carlos González Basanta, a circunstancia de que “Foz é o único pobo da Mariña de certa entidade que non conta con Centro de Día, o que resulta incomprensible”.

A posta en marcha deste servizo suporía a creación de moitos postos de traballo nun momento de destrucción progresiva de emprego na nosa comarca, desde administrativos, ordenanzas, coidadoras/es, persoal de limpeza, de mantemento e de cociña, enfermeiros/as,  e todas aquelas prazas que teñen relación cos servizos sociosanitarios. Ademais, a dotación en Foz desta infraestructura melloraría de forma substancial a calidade de vida, non só dos futuros usuarios, senón daquelas persoas que os coidan actualmente posto que lles daría a posibilidade de organizar mellor a súa vida.

Con esta reunión, o BNG pretende buscar o consenso máis amplo posible para atopar a forma máis axeitada e rápida de facer realidade esta demanda social. Por iso, a convocatoria está aberta a toda a veciñanza, tanto ás asociacións como aos particulares, porque todos somos necesarios nesta empresa.

Exit mobile version