Nota de Prensa
PARA O BNG A DECISIÓN DA DELEGACION DE TRABALLO DE ACEPTAR O ERE DE SARGADELOS E POLÍTICA
As xestións e mediación de Balseiro e o alcalde de Cervo coa Xunta so beneficiaron á dirección da empresa
Os nacionalistas acusan a Balseiro e á Delegación Provincial da Consellaría de Traballo de ser os grandes responsábeis dos despedimentos en Sargadelos.
Nin a Inspección de Traballo nin a Delegación da Consellaría de Traballo atenderon as alegacións sindicais nin revisaron as contradicións ás fan referencia nos seus propios informes sobre a proporcionalidade da medida e a elección das persoas afectadas.
Cervo, 9 de outubro de 2010. O BNG de Cervo cualificou de “decisión política” a aceptación da Delegación de Traballo en Lugo do ERE de Sargadelos e acusou a Balseiro e ao alcalde de Cervo de traizoar aos seus veciños e veciñas coas súas xestións e mediacións diante da Xunta. Os nacionalistas lembraron que Balseiro comprometíase en maio de 2009 a facer xestións “para evitar un só despedimento”, despois xunto co alcalde acompañaron a representantes do cadro de persoal e á empresa a sendas reunións coa Inspección de Traballo, aprobaron co seu voto no pleno de Cervo o rexeitamento do ERE e poucos días despois o Sr. Balseiro votaba en sentido contrario na sede do parlamento Galego unha iniciativa similar. Descoñécese en que sentido fixeron as xestións Balseiro e Villares cando a Delegación Provincial de Traballo informou favorabelmente o ERE e os despedimentos sen ter en conta as alegacións sindicais nin o contraditorio informe da Inspección de Traballo que a Delegación de Traballo so viu en parte, naquela que interesaba á parte empresarial.
As xestións e mediación de Balseiro e o alcalde de Cervo coa Xunta so beneficiaron á dirección da empresa
Para o BNG de Cervo a decisión da Delegación de Traballo en Lugo sobre o ERE de Sargadelos e unha “decisión política bochornosa que deixa sen traballo a 26 persoas sen unha xustificación clara”. Os nacionalistas non dubidan en cualificar de “traizón aos seus veciños e veciñas” a participación mediadora do alcalde de Cervo, Alfonso Villares e o Tte. alcalde e parlamentar, José Manuel Balseiro, “que mais que traballar a favor do mantemento dos postos de traballo en Sargadelos, semella que o fixeron en sentido contrario” en contraste co traballo realizado polo alcalde nacionalista de Sada que ademais de facer presión política dende o seu concello e os do seu entorno, mediou con eficacia diante da Delegación Provincial de Traballo e todos aqueles organismos que tiñan algo que dicir na resolución do ERE presentado en Cerámicas do Castro.
Para o BNG a insistencia do alcalde de Cervo e do parlamentar, Jose Manuel Balseiro, en “lavarse a cara e botar culpas a outros” so pretende agochar a realidade de que a Consellaría de Traballo e quen decide sobre a aceptación dos despedimentos en Cervo e estes dous señeres “xa sexa por acción ou por omisión foron incapaces de defender os intereses dos seus veciños”. Os nacionalistas lembraron que Balseiro leva moitos compromisos incumpridos neste asunto, o último que a Consellaría mirara con lupa o expedente e polo que se veu miraron con lupa mais so aquelo que interesaba á parte empresarial”.
Para o BNG de Cervo estamos diante dunha decisión política que contradí non so a resolución no Castro senón que tamén pon en cuestión a boa fe da Inspección e especialmente da Delegación de Traballo en Lugo.
Para os nacionalistas “e decepcionante” ver como dous organismos como a Inspección de Traballo e a Delegación Provincial do ramo en Lugo, “dos que se agarda boa fe”, toman decisións contraditorias coas súas homólogas coruñesas tendo en conta a situación económica do Sargadelos, “recoñecida pola propia dirección do grupo empresarial como mellor que a de Cerámicas do Castro”. Abundando nestas decisións, e relevante que a Delegación da Consellaría de Traballo en Lugo “non tome en consideración as alegacións presentadas polos sindicatos e representación do cadro de persoal”, e que do informe de Inspección “so atenda ao que interesa á parte empresarial”, pasando por alto argumentos que tamén se recollen no mesmo informe sobre a mellora económica da empresa no primeiro semestre de 2010 que reflexan “avances cara a unha estabilización e relanzamento da actividade”, “á non coincidencia entre o estudo de viabilidade presentado pola empresa e as seccións onde se reduce persoal”, así como tampouco toma en consideración “a falta de acreditación da necesidade e oportunidade de levar a cabo o número de extincións propostas” nin a existencia de “xustificación sobre o sistema utilizado para designar ás persoas afectadas polo despedimento”.
Por último, dende o BNG cervense agardaron que Dirección Xeral de Relacións Laborais da Xunta de Galiza, que será quen tome a decisión definitiva, unifique criterios e poña orde na contradición e na decisión claramente inxusta e sesgada da Delegación Provincial de Lugo.