Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela pide manter e mellorar o servizo de consultas de psiquiatría nos xeriátricos

Nota de Prensa

LLANO CRITICA A ELIMINACIÓN DAS CONSULTAS DE PSQUIATRÍA NOS XERIÁTRICOS DA MARIÑA, UNHA MEDIDA QUE OBRIGA AO DESPRAZAMENTO DOS ANCIÁNS AO HOSPITAL DA COSTA. O REXEDOR ABOGA POLO MANTEMENTO E A MELLOR DUN SERVIZO QUE SE VIÑA PRESTANDO DESDE HAI DEZ ANOS.
Burela, 5 de outubro de 2010. O alcalde de Burela, Alfredo Llano, critica a eliminación das consultas de psiquiatría nos xeriátricos da Mariña, un traballo que realizaba polas tardes a unidade de saúde mental. Esta medida obriga ao desprazamento dos anciáns enfermos ata o Hospital da Costa. O rexedor aboga polo mantemento e a mellora dun servizo que se viña prestando desde hai uns dez anos.
Llano sinalaba esta mañá que “é moi negativo que se decidise non seguir atendendo aos enfermos de alzheimer ou de demencias nos xeriátricos e nas residencias da terceira idade de A Mariña. Era un servizo moi necesario e moi demandando que se viña prestando desde hai uns dez anos”. O alcalde de Burela pensa que “no fondo todo isto tradúcese nunha falla de atención, de interés e de consideración hacia eses maiores enfermos. Reclamo que se siga a manter ese servizo e que se reforce e se mellore, hai que procurar non desmantelar senón crear e poñer en marcha máis cousas. Estas patoloxías no futuro non se van reducir senón que todo apunta a que se incrementarán. Debemos evitar que estes enfermos se teñan que desprazar ao hospital, deben ser atendidos nos centros nos que residen, como se viña facendo ata o de agora”.
O rexedor burelés fai estas reflexións nunha semana “na que estamos a celebrar en Burela unhas xornadas sobre a saúde mental, organizadas pola Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña. A xente que traballa alí está a facer unha labor extraordinaria e importantísima, tamén onte inauguramos no centro comercial de Burela unha exposición permanente e é de xustiza ir apreciar o traballo realizado. Quero aproveitar para felicitar a esta asociación pola labor que están a facer. As xornadas celébranse para conmemorar o día mundial da saúde mental que terá lugar o vindeiro 10 de outubro”.

Exit mobile version