Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Barreiros di que unha marquesina nas inmediacións da praza do concello será de utilidade

Nota de prensa

ALFONSO FUENTE ASEGURA QUE A MARQUESINA QUE CONSTRUIRÁ A XUNTA NAS INMEDIACIÓNS DA PRAZA DO CONCELLO SERÁ DE GRANDE UTILIDADE. O REXEDOR TILDA DE ELECTORALISTAS AS CRÍTICAS VERQUIDAS DESDE O PSOE E DESDE O BNG.

Barreiros, 19 de outubro de 2010. O alcalde de Barreiros, Alfonso Fuente, amósase sorprendido polas críticas verquidas nas últimas horas desde o PSOE e o BNG hacia a construcción dunha marquesina nas inmediacións da praza do Concello. O rexedor acusa a socialistas e nacionalistas de estaren en contra do progreso de Barreiros e subliña que dita instalación será de grande utilidade para os nenos que todos os días collen o autobús para ir ao instituto a Ribadeo.

Fuente Parga sinalou que “me sorprende que o BNG e o PSOE se enrabieten tanto porque a Xunta vai facer un investimento no noso concello. Quero lembrar que na época do bipartito se esqueceron completamente de Barreiros ao igual que se esquece a Deputación de Lugo que non fai ningún investimento aquí e agora cando a Xunta decide facer un estacionamento de autobuses resulta que poñen o grito no ceo decindo que se van gastar 200.000 euros no noso concello”.

O alcalde barreirense asegura que “esta instalación ten unha grande utilidade, todas as mañás 12 nenos que van en autobús ao instituto de Ribadeo collen aí o autocar, xa tivemos que poñer provisionalmente unha caseta na que se resguardan do frío e da chuvia, pero estes señores non se preocuparon destes nenos, do que se preocupan é de criticar ao goberno, estamos cerca dunhas municipais e critican todo. A estes señores non lles gusta que se faga esta marquesina para que cando veña o camión dos donantes de sangue os que alí acoden poidan estar a cuberto agardando a que lles toque o seu turno ou tamén cando ven o autocar que fai as revisións do cancro de mama para que esas mulleres non estean á intemperie na rúa”.

Alfonso Fuente considera que “o BNG e o PSOE están en contra do progreso e é o que máis me chama a atención e tamén me sorprende que digan que non se espuxo ao público cando este proxecto poido ser consultado sen problemas por toda a xente que quixo velo, incluso había unha fotomontaxe para amosar cómo quedaría e puido verse e todos os que viñeron lle deron o seu visto bó”.

Rúa privada

O rexedor tamén aludiu ás críticas referidas á reparación dun vial “si este señor en lugar de criticar viñese a ver o proxecto vería que non está a reparación desa rúa porque é privada, é dun señor que ten a casa ao lado da praza do Concello e esa rúa se deteriorou cando se fixeron as obras da praza e ao seu propietario lle agredecemos que nos deixara e que nos deixe todos os días utilizar esa zona. Él deixaa para paso e entón si hai arranxala se arranxará porque se estropeou co arranxo da praza do Concello, tamén se estropeou polas obras de saneamento acometidas cando se fixo a reforma do local de servizos sociais e se adaptaron os baños para minusválidos, nese momento houbo que facer a conexión do saneamento á rede xeral e houbo que levantar esa calle”.

Alfonso Fuente insiste en que lle sorprende que “estean en contra desa marquesina que albergará a eses 12 nenos que 200 días ao ano non teñen onde abrigarse. Eu digo benvidos sexan os investimentos e o progreso chegados ao noso concello, pero nas datas nas que estamos sabemos ao que se xoga”.

Exit mobile version