Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde asegura que o telecentro de Ribadeo é o máis dinámico e importante de Galicia

Nota de Prensa

FERNANDO SUÁREZ DESTACA A GRANDE ACOLLIDA DO TELECENTRO, O QUE O CONVERTE NO MÁIS DINÁMICO E IMPORTANTE DE GALICIA.

Ribadeo, 13 de outubro de 2010. O alcalde de Ribadeo, Fernando Suárez, destaca a grande acollida do telecentro, o que o converte no máis dinámico e importante de Galicia.

O rexedor lembrou que “vai para tres anos que se puxo a funcionar en Ribadeo un telecentro urbano, sito na Casa da Xuventude, e os datos de participación e de usuarios revélano como o máis importante de toda Galicia en relación a habitantes e usuarios”. Fernando Suárez subliña que “a día de hoxe son máis de 1.170 os usuarios e usuarias que fixeron o carné do telecentro, hai moita xente maior que non quere separarse desta fenda dixital, moitas veces os que non tiveron acceso ás novas tecnoloxías da información e da comunicación non son quen de enrolarse nelas, pero en Ribadeo iso non pasa. Moita xente se achega a participar nestes obradoiros tecnolóxicos que se fan periódicamente e que por dicir un dato neste trimestre que rematou impartíronse 9 talleres, a través dos que se formou a 81 persoas en 66 horas de formación. Son sempre cursos de alfabetización dixital básica, de iniciación á informática… pensados para a xente maior e para os novos, que son os sectores que máis acuden ao telecentro”.

O alcalde convida “aínda que sexamos un referente para toda Galicia en participación, en búsquedas, a que todas aquelas persoas que queiran seguir disfrutando destas actividades gratuitas que se dirixan ao telecentro de Ribadeo aquí na Casa da Xuventude, na rúa Antonio Otero, 15 ou chamando ao 982 120 732”.

O telecentro de Ribadeo estreou en outubro o horario de inverno, de luns a xoves de 10:30 a 14 horas e de 16 a 20:30 horas e os venres de 8:30 a 14 horas.

Exit mobile version