Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións de Mondoñedo organiza unha proxección de curtametraxes no auditorio municipal o sábado 16

Nota de Prensa

NNXX ORGANIZA UNHA PROXECCIÓN DE CURTAS O SÁBADO NO AUDITORIO

* Coincidindo coas San Lucas, emitiranse de 20:00 a 21:00 horas varias obras do produtor mindoniense, Miguel García

Mondoñedo, 14 de outubro de 2010.- Novas Xeracións de Mondoñedo organiza unha proxección de curtametraxes este sábado 16 de outubro, no auditorio municipal da localidade. De 20:00 a 21:00 horas emitiranse varias obras cedidas polo produtor e director mindoniense, Miguel García, así como pezas doutros creadores do panorama audiovisual galego.

Á gala, presentada pola actriz galega EstibalizVeiga, asistirá o presidente de Novas Xeracións de Lugo, Daniel Vega, así como outros membros da executiva provincial. Neste senso, Vega descata a importancia do sector audiovisual e cre que actos como o organizado por Novas Xeracións de Mondoñedo serven de “apoio e recoñecemento aos xóvenes creadores que teñen a producción de curtas ben como unha afección ou ben como un traballo”.

O programa recolle a emisión, entre outras, das obras Pantin Classic, Paixón e Inocencia Perdida, realizadas por Miguel García coa colaboración do tamén produtor e director, Alvaro Liste. Estreadas con éxito no festival de curtametraxes celebrado en Ferrol no mes de xullo, Pantin Classic mostra a proba do campionato do mundo de surf que se celebra en Galicia, mentres que o documental Paixón, que acaba de recibir o premio a mellor documental no Festival de Pilas de Sevilla, ensalza os valores e prestixios da Semana Santa Ferrolá. Pola súa banda, Inocencia Perdida é unha curta de ficción e comedia recoñecida co galardón a mellor actriz no OFestivalÓN de curtas de Ribadeo, dentro da edición “A Toda Mecha”, curtas realizadas en 60 horas.

Outras obras

De igual maneira, o programa dirixido para “todos os gustos e públicos”, tal e como manifesta, Miguel García, tamén acolle a proxección de curtametraxes doutros creadores do panorama audiovisual galego. Entre elas, emitiranse as obras, A Porta do meirego Andrés Goteira, galardoado con varios premios do audiovisual, así como Dous Homes e un Suicidio de Iria López e o Sobriño e a Morte Ten un Prezo 200 Euros, de Omar Rabuñal.

Con este proxecto, Novas Xeracións colabora no programa da feira das San Lucas 2010, que se celebrará na localidade ata o próximo martes

Exit mobile version