Site icon Crónica3.com A Mariña

Novas Xeracións de Lugo puxo en marcha unha oficina de asesoramento e apoio á xente nova da provincial

NOTA DE PRENSA
NOVAS XERACIÓNS PON EN MARCHA UNHA OFICINA DE ASESORAMENTO XUVENIL

* Este centro de información está situado na sede do PP na rúa San Marcos e funcionará durante a mañá e a tarde de luns a venres

Lugo, 6 de outubro de 2010.- Novas Xeracións da provincia de Lugo pon en marcha a partir de hoxe unha oficina de asesoramento e apoio á xente nova da provincia. Esta iniciativa deixa de manifesto que “NNXX queda aberta á cidadanía e que non nos encerramos en nós mesmos”, segundo manifestou o seu presidente, Daniel vega.

Este posto de información xuvenil estará situado na sede que o Partido Popular de Lugo ten na rúa San Marcos. Funcionará de luns a venres en horario de mañá, de 11:00 a 13:30 horas, e en horario de tarde de 16:30 a 19:30 horas.

Jacobo da Silva, secretario da Presidencia de NNXX da provincia, e Cristina López, presidenta da xunta xestora de NNXX de Lugo Cidade, estarán á fronte desta oficina. Deste modo, serán os encargados de transmitir as inquedanzas dos mozos e mozas lucenses aos coordinadores nas distintas áreas que afectan a sociedade xuvenil (emprego, economía, familia…), para que asesoren aos máis novos e respondan á información requerida.

Durante o acto de presentación da oficina celebrado esta mañá na propia sede de San Marcos, o presidente de NNXX, Daniel Vega, manifestou o seu optimismo ante un proxecto que “cremos que vai ser un éxito”. Neste sentido, Vega precisou que a través deste centro de información “NNXX ábrese á xente nova: abrímonos, asesoramos e colaboramos con todo o mundo”.
Desta maneira, Novas Xeracións cumpre cun dos obxectivos expostos no programa ratificado no último congreso provincial celebrado no mes de setembro en Lugo.

Exit mobile version