Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente de Ribadeo pide que a Xunta solvente os problemas do sistema de permisos para queimas

Nota de Prensa

HORACIO CUPEIRO DENUNCIA O MAL FUNCIONAMENTO DO TELÉFONO NO QUE SE CONCEDEN OS PERMISOS PARA FACER QUEIMAS CONTROLADAS NAS FINCAS. O EDIL NACIONALISTA PÍDELLE Á XUNTA QUE TOME MEDIDAS.

Ribadeo, 20 de outubro de 2010. A Delegación de Medio Ambiente informa aos veciños que queiran facer queimas controladas nas súas fincas que deben solicitar os permisos correspondentes chamando ao teléfono 012. O edil Horacio Cupeiro denuncia que “estes días está habendo dificultade para poder facer esas conexións telefónicas, consideramos que a Xunta debe tomar as medidas oportunas para solventar este problema”.

O responsable de Medio Ambiente pensa que “o mellor sería que nos mandasen ao Concello os mércores aos vixiantes que viñan antes dúas ou tres horas a cubrir os impresos e as solicitudes presentadas polos veciños de Ribadeo”. Cupeiro lembrou que “xa hai máis ou menos un ano desde o noso Concello denunciamos o mal funcionamento do teléfono ao que tiñan que dirixirse os que querían facer queimas controladas e agora aínda que o cambiaron está a pasar o mesmo”.

Exit mobile version