O mindoniense Isidro Fernández acaba de publicar o tomo VII da súa moi interesante serie “Mondoñedo, regreso al pasado”, recompilación de artigos publicados en diversos medios por don Eduardo Lence-Santar, primeiro cronista oficial da cidade episcopal.
Grazas á publicación do amigo Isidro, sabemos que don Ramón Pedrosa, quen levou ó cadalso á liberal Mariana Pineda, era un mariñán de Adelán-Alfoz, nacido en 1786 na súa casa da Escoura, e fora Procurador Xeral do concello de Mondoñedo; xefe político deste distrito; avogada da Real Audiencia de Galicia; Alcalde Maior; Alcalde do Crime da Chancillería de Granada. Pedrosa, detrás da Pineda moitos anos, detívoa baixo arresto domiciliario mentres obrigaba a esconder a bandeira na casa para que a policía atopara a proba do delito.
Pasado un tempo, en Escoura, Adelán, presentáronse 36 soldados que o conduciron preso ó castelo de San Antón, na Coruña, onde se lle formou causa, sendo desterrado por seis anos a Filipinas. Anos mais tarde marchou a Roma onde finou.