Unha vez que vemos o mal no allo alleo, éntranos o veri-veri, despois de ver como rompía o muro dun encoro de lodos vermellos en Hungría, poñémonos a pensar o que pode pasar co encoro de lodos de Alcoa-Xove e vemos unha gran cantidade de opinións, a maioría sen fundamento algún, dende a miña
opinión, este encoro é seguro e está controlado por técnicos, e nel invístense moitos euros, por tanto tan so temos que pedirlle aos técnicos que fagan ben o seu traballo, que para iso se lles paga, e o resto de alarmismos sobran, Srs. sexamos responsables, especialmente aqueles que teñen un posto de responsabilidade, xa que informacións alarmistas e sen base técnica, producen efectos secundarios moi negativos para toda a Mariña, e xa temos marxinación dabondo.
Pedre