Site icon Crónica3.com A Mariña

Gines Rodríguez, Daniel López e Dolores Baño lideran as ligas de bolos de Xoves

Nota de Prensa

XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 –  IIª LIGA FEMININA

(TEMPORADA  2010/2011)

Organiza:    Concellería de Cultura do Concello de Xove

Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove

Autoescuela Mundial Xove

CAMPEONATO DE BOLOS DE   CENTRO SOCIAL DE MONTE   (  23 OUTUBRO 2010 ) 45  INSCRITOS:   26  NA LIGA SENIOR,    9  NA LIGA SUB 18  E     10  NA LIGA FEMININA
CLASIFICACION NOME TANTOS PUNTOS
LIGA SENIOR
PRIMEIRO JOSÉ  RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ 178 12
SEGUNDO GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ 158 10
TERCEIRO CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 157 8
CUARTO AUGUSTO ALBO OCAMPO 154 7
QUINTO ARTURO VIGO CASABELLA 150 6
SEXTO ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS 138 5
SÉTIMO MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ 135 4
OITAVO MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA 131 3
NOVENO JOSÉ  ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO 131 2
DÉCIMO LUIS RANCAÑO BOUSO 129 1
MELLOR BOLADA CÉSAR CANCELOS LÓPEZ 63 1
LIGA SUB 18
PRMEIRO DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 74 6
SEGUNDO ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ 47 4
TERCEIRO SALOMÉ  CARDOSO RODRÍGUEZ 44 3
CUARTO RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO 33 2
QUINTO CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO 32 1
MELLOR BOLADA DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ 49 1
LIGA FEMININA
PRMEIRO CARMEN ROCA CORRAL 93 6
SEGUNDO CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ 84 4
TERCEIRO DOLORES BAÑO FRAGA 83 3
CUARTO LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ 64 2
QUINTO BELÉN MEITÍN ROCUO 63 1
MELLOR BOLADA DOLORES BAÑO FRAGO 49 1

INCIDENCIAS DA   3ª  TIRADA

(Centro Social de MONTE – Sábado, 23 OUTUBRO 2010)

-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.

-45 inscritos,    26 na Liga Senior,    9 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina.

Liga de Maiores.-  A regularidade do vixente campión Ginés Rodríguez, fai que acade o liderato unha vez disputada a terceira xornada. Está claro que estamos diante dun xogador en plena madurez, que despois de conseguida a ansiada victoria no campionato, despois, iso sí,  de moitos segundos e terceiros postos finais, está xogando comodamente, sen ningún tipo de presión, calculando as súas posibilidades; tal como está a xogar, vai ser un rival moi duro para calquer dos seus competidores. Moisés Rodríguez perde o liderato, pero mantense na segunda posición da táboa despois dunha tirada irregular, pero inda así o vemos moi motivado e con gañas; vai dar moita guerra. Á terceira posición accede César Cancelos, que pese a non puntuar na primeira tirada de Lago, leva dúas tiradas excelentes. Cuarto, perdendo unha posición, está Arturo Vigo, seguido moi de cerca por outro claro favorito ao trunfo final como é José Rafael González,  cuxa victoria en Monte lle permite achegarse á cabeza.

Liga Sub 18.- A victoria e a mellor bolada de Daniel López permítelle acceder ao liderato da táboa con 11 puntos, desprazando a Claudia Fernández que só puido sumar 1 punto ao ser quinta na tirada. Terceiro temos a Aitor Bouso, quen realizou unha mala tirada, e non foi siquer capaz de puntuar. Inda así, a clasificación nesta categoría está moi aberta, e polo momento inda non temos a ningún xogador/a que destaque especialmente.

Liga Feminina.- Dolores Baño continúa de líder con 14 puntos, dous máis que a actual campiona Carmen Roca, segunda con 12 puntos, seguida por Concepción Piñeiro con 10. Polo momento, e a tenor do visto ata agora, trátase das tres xogadoras máis en forma e con mellores maneiras no xogo. A esta tríada, inda que só ten 4 puntos, engaderíamoslle a Belén Meitín, xogadora que mostra moi boas maneiras no tiro, a quen sen dúbida lle falta rodaxe.

A Vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O VINDEIRO SÁBADO, 30 DE OUTUBRO DE 2010.

Exit mobile version