Nota de Prensa
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
Autoescuela Mundial Xove
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE MONTE ( 23 OUTUBRO 2010 ) 45 INSCRITOS: 26 NA LIGA SENIOR, 9 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | JOSÉ RAFAEL GONZÁLEZ BERMÚDEZ | 178 | 12 |
SEGUNDO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 158 | 10 |
TERCEIRO | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 157 | 8 |
CUARTO | AUGUSTO ALBO OCAMPO | 154 | 7 |
QUINTO | ARTURO VIGO CASABELLA | 150 | 6 |
SEXTO | ANDRÉS RODRÍGUEZ RAMOS | 138 | 5 |
SÉTIMO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 135 | 4 |
OITAVO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 131 | 3 |
NOVENO | JOSÉ ANTONIO RODRÍGUEZ GALDO | 131 | 2 |
DÉCIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 129 | 1 |
MELLOR BOLADA | CÉSAR CANCELOS LÓPEZ | 63 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 74 | 6 |
SEGUNDO | ISAIAS CARDOSO RODRÍGUEZ | 47 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 44 | 3 |
CUARTO | RAQUEL COCIÑA PIÑEIRO | 33 | 2 |
QUINTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑO | 32 | 1 |
MELLOR BOLADA | DANIEL LÓPEZ FERNÁNDEZ | 49 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 93 | 6 |
SEGUNDO | CONCEPCIÓN PIÑEIRO LÓPEZ | 84 | 4 |
TERCEIRO | DOLORES BAÑO FRAGA | 83 | 3 |
CUARTO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 64 | 2 |
QUINTO | BELÉN MEITÍN ROCUO | 63 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGO | 49 | 1 |
INCIDENCIAS DA 3ª TIRADA
(Centro Social de MONTE – Sábado, 23 OUTUBRO 2010)
-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.
-45 inscritos, 26 na Liga Senior, 9 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina.
Liga de Maiores.- A regularidade do vixente campión Ginés Rodríguez, fai que acade o liderato unha vez disputada a terceira xornada. Está claro que estamos diante dun xogador en plena madurez, que despois de conseguida a ansiada victoria no campionato, despois, iso sí, de moitos segundos e terceiros postos finais, está xogando comodamente, sen ningún tipo de presión, calculando as súas posibilidades; tal como está a xogar, vai ser un rival moi duro para calquer dos seus competidores. Moisés Rodríguez perde o liderato, pero mantense na segunda posición da táboa despois dunha tirada irregular, pero inda así o vemos moi motivado e con gañas; vai dar moita guerra. Á terceira posición accede César Cancelos, que pese a non puntuar na primeira tirada de Lago, leva dúas tiradas excelentes. Cuarto, perdendo unha posición, está Arturo Vigo, seguido moi de cerca por outro claro favorito ao trunfo final como é José Rafael González, cuxa victoria en Monte lle permite achegarse á cabeza.
Liga Sub 18.- A victoria e a mellor bolada de Daniel López permítelle acceder ao liderato da táboa con 11 puntos, desprazando a Claudia Fernández que só puido sumar 1 punto ao ser quinta na tirada. Terceiro temos a Aitor Bouso, quen realizou unha mala tirada, e non foi siquer capaz de puntuar. Inda así, a clasificación nesta categoría está moi aberta, e polo momento inda non temos a ningún xogador/a que destaque especialmente.
Liga Feminina.- Dolores Baño continúa de líder con 14 puntos, dous máis que a actual campiona Carmen Roca, segunda con 12 puntos, seguida por Concepción Piñeiro con 10. Polo momento, e a tenor do visto ata agora, trátase das tres xogadoras máis en forma e con mellores maneiras no xogo. A esta tríada, inda que só ten 4 puntos, engaderíamoslle a Belén Meitín, xogadora que mostra moi boas maneiras no tiro, a quen sen dúbida lle falta rodaxe.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CAMPO MUNICIPAL DE FÚTBOL DE XOVE O VINDEIRO SÁBADO, 30 DE OUTUBRO DE 2010.