Site icon Crónica3.com A Mariña

Foz acolle ata o 6 de novembro a campaña “As compras na túa vila teñen premio”

Nota de prensa

FOZ ACOLLE ATA O 6 DE NOVEMBRO A CAMPAÑA  AS COMPRAS NA TÚA VILA TEÑEN PREMIO QUE ORGANIZA A FEDERACIÓN GALEGA DE COMERCIO COA COLABORACIÓN DA ASOCIACIÓN DE COMERCIANTES DE FOZ.

Foz, 26 de outubro de 2010. A Federación Galega de Comercio e a Asociación de Comerciantes de Foz presentaron esta tarde unha campaña de animación ao consumo nas vilas galegas, que baixo o lema As compras na túa vila teñen premio, terá lugar en Foz entre hoxe e o 6 de novembro. A iniciativa premiará con 3.000 euros a confianza no comercio local e sortearánse ademáis dúas tarxetas regalo de Caixa Galicia por importe de 300 euros e 24 tarxetas regalo de 100 euros.

Nos días de duración da campaña, os consumidores que fagan as súas compras no comercio tradicional da vila poderán presentar os seus tickets de compra na carpa situada na rúa Álvaro Cunqueiro, a carón do Concello, ou entregarllos ás azafatas que se atoparán polas rúas de Foz. Todas as papeletas entrarán no sorteo final que terá lugar o 6 de novembro a partires das 19 horas nunha carpa de 150 metros cadrados ubicada na praza Conde Fontao. Ese día desenvolveráse unha intensa axenda de actividades como festa final da campaña en Foz. A partires das 11:30 horas haberá animación nas rúas con zancudos e malabaristas, ás 12:30 espectáculo de payasos infantís, ás 16:30 de novo animación polas rúas de Foz, ás 17:30 horas maxia cómica, ás 18:30 terá lugar a actuación da cantante de O Incio Lucía Pérez e xa a partires das 19 horas celebraranse o sorteo e a entrega de 3.000 euros en premios.

No acto de presentación participaron o director da oficina de Caixa Galicia en Foz, José  Manuel Rodríguez Abad; o alcalde de Foz, José Mª García Rivera; o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª  Seijas e o presidente da Asociación de Comerciantes de Foz, José Carlos Paleo.

Paleo sinalou que “esta campaña servirá como arranque do que aquí queremos facer neste concello co comercio que é ir hacia un centro comercial aberto, algo que necesitamos moito. Contamos co apoio da Federación Galega de Comercio e co Concello de Foz aos que lles agredecemos a colaboración e a axuda que nos prestan para levar adiante os nosos proxectos”.

José Manuel Rodríguez agarda que “coa nosa pequena aportación a través dos premios cos que está dotada esta campaña poidamos contribuir a animar as compras e a dinamizar o comercio tradicional da nosa vila. Pensamos que a campaña será un éxito”.

O rexedor augurou que a campaña será todo un éxito e manifestou que “Foz ten unha fisonomía comercial moi antiga de vellos comerciantes, pero que se traducen en novas apostas pola modernidade e por preparar o noso concello cara o futuro coa creación dese centro comercial aberto. Estamos seguros de contar con todas as cualidades para telo”.

E o presidente da Federación Galega de Comercio, José Mª Seijas, explicou que o obxectivo da campaña “é dinamizar o comercio tradicional de Foz e das outras sete localidades que visitamos estes meses con esta iniciativa que puxemos en marcha o ano pasado e que decidimos continuar neste 2010 debido á grande acollida que tivo a primeira fase”.

Exit mobile version