Nós os españois, supoño que somos moito máis listos ca os franceses, pois aquí convócase unha folga xeral, de un día, despois dunha reforma laboral que leva por diante dereitos adquiridos despois de moitísimos anos de loita sindical, e o único que se nos ocorre é poñer escusas e poñer a parir ós sindicatos, para tentar inxustificala e ir a traballar como bos currantes que somos. Aquí no pasa ná……
Así nos vai e nos vai ir, porque como podemos intuír o seguinte paso vai a ser o mesmiño para os “currantes” deste país. A miña pregunta é, ¿poderán os sindicatos convocar sete, oito, dez días de folga sen que os desterren do país?.
Penso que mirar un pouco para fóra do noso país pode abrir os ollos dos traballadores deste país, ¿ou nós somos distintos?. Temos que entender, e ver que para gañar, primeiro haberá que facer sacrificios e perder, do contrario tratarannos como ovelliñas e pisarán os nosos dereitos sen ningún tipo de pudor.
Como di o galego: “Mexan por nós e temos que dicir que chove”
Ramiro Fernández Rey