Eloy Abalo é o gañador da cea para dúas persoas no mesón Don Jamón que se sorteou esta mañá no Concello de Burela entre os que acudiron ás xornadas gastronómicas do polbo celebradas a pasada fin de semana. O alcalde, Alfredo Llano, destacou “a boa participación tanto de público como de locais nesta cita coa que promocionamos os produtos do noso mar. Sabemos de máis establecementos hostaleiros que están interesados en acudir a vindeiras edicións”.