Site icon Crónica3.com A Mariña

Discrepa o PP do PSOE sobre o expediente de caducidade da concesión sobre o porto deportivo de Viveiro

Nota de Prensa

Empraza ao deputado socialista deixar de facer demagoxia en relación coa xestión destas instalacións náutico recreativas

BALSEIRO CONSIDERA QUE O DESCOÑECEMENTO DE REGO SOBRE O PROCEDEMENTO DE CADUCIDADE DA CONCESIÓN DO PORTO DEPORTIVO DE VIVEIRO FAI QUE TEÑA QUE EMPREGAR “ACUSACIÓNS INSIDIOSAS” CARENTES DE FUNDAMENTO

* Emprázalle a rectificar e a evitar caer na tentación de acometer excesos verbais para agochar a responsabilidade do seu partido e da alcaldía de Viveiro no mal funcionamento destas instalacións e no deterioro de servizos e imaxe turística que se  estaba a producir ata o rescate da concesión.

Santiago, 23 de outubro de 2010.- O deputado do Partido Popular de Galicia, Jose Manuel  Balseiro Orol, asegurou que o descoñecemento do parlamentario socialista Ismael Rego sobre o procedemento técnico-xurídico que supón o expediente de caducidade da concesión sobre o porto deportivo de Viveiro fai que teña que argumentarse “mediante acusacións insidiosas totalmente carentes de fundamento”. Como é sabido o parlamentario socialista, Ismael Rego, acusou ao presidente de Portos de Galicia, Jose Manuel Álvarez-Campana, de adxudicar “a dedo” a xestión das instalacións náutico recreativas.

Jose Manuel Balseiro censura con contundencia o comportamento de Ismael Rego e quixo mostrar a súa repulsa pola técnica empregada polo deputado socialista e que se basea en efectuar acusacións sen ningún tipo de fundamento cara o presidente do organismo portuario. Neste senso emprázalle a rectificar, e a evitar caer na tentación nada aconsellable de “acometer excesos verbais para agochar a responsabilidade do seu partido no mal funcionamento destas instalacións náutico-deportivas”.

Balseiro pídille a Rego que abandone a demagoxia en relación coa xestión destas instalacións, e lémbralle que foron recuperadas precisamente como consecuencia dos reiterados incumprimentos do anterior concesionario, isto é, o Concello de Viveiro que preside o rexedor socialista Melchor Roel. De feito, o deputado popular asegura que si “o señor Rego se tomara a molestia de pedirlle ao concello de Viveiro unha copia do expediente e de lerse o acordo de incoación da caducidade  moi probablemente se abstendria de calquera reproche ou acusación sobre a actuación do presidente de Portos, todo o contrario, agradeceríalle que tomara cartas no asunto para poñer fin a unha situación insostible, que só actuaba en prexuízo dos usuarios do porto deportivo e deterioraban a imaxe de atracción turística que debera ter unhas  instalacións destas características”

Exit mobile version