Site icon Crónica3.com A Mariña

Di o PP de Foz que o alcalde bota a culpa dos seus erros á oposición

Nota de prensa:
Os populares de Foz, están sorprendidos polas declaracións xustificatorias do rexedor municipal nos medios de comunicación con respecto o resultado das votacións nos distintos puntos do pleno do concello de Foz o pasado día 30-09-2010

O SR. GARCIA RIVERA NON PODE XUSTIFICAR A SUA MALA XESTION, BOTANDO A CULPA AOS GRUPOS DA OPOSION.

* Segundo establece o informe de intervención, de terse en conta o importe das débedas recoñecidas pero que non se puideron pagar por falta de saldo nas partidas correspondentes o resultado económico real do Concello de Foz en 2009 sería negativo.
* Aínda están pendentes de resolverse os contenciosos xudiciais interpostos pola Xunta bipartita, e pola Conselleira socialista María Jose Caride que poderían dar lugar á devolución dos cartos percibidos polas licenzas de obra.

Foz, 5 de outubro 2010.- O Grupo Municipal do Partido Popular de Foz, non pode admitir que o Alcalde, Sr. García Rivera intente xustificar a aprobación da Conta Xeral do 2009 con só o voto favorable do grupo socialista, baseándose no tanto por cento de endebedamento do concello, e intentando facer crer que o Partido Popular decidiu absterse por este motivo. Os populares aclaran a súa posición foi coherente co discurso que desde esta formación política mantiveron durante todo o ano 2009 polo que consideraban que un voto en contra nun asunto da importancia que este ten, podería ser prexudicial para o Concello.

SALDO “REAL” NEGATIVO

A conta xeral, segundo o parecer dos populares, representa una fotografía clara da mala xestión do Sr. Alcalde e a do seu equipo de Goberno “coa que este grupo non está nin pode estar de acordo”. A pesares de que o saldo final é positivo -nuns 208.294,94 euros- , o propio informe de intervención aclara que para a determinación desta cifra “non se tivo en conta o importe de débedas recoñecidas que non se puideron pagar por non ter saldo as partidas correspondentes presupostarías e que ascenden a 372.895,28 euros”. Os populares salienta que, de telas en consideración, o resultado sería moi diferente, arroxaría un saldo NEGATIVO, evidenciando polo tanto que con García Rivera ao fronte, os resultados económicos reais, leva á Facenda municipal aos números vermellos.

CONTENCIOSOS XUDICIAIS PENDENTES

Por outra banda, os populares explicaron que o Concello de Foz ten sen resolver un contencioso iniciado pola Xunta bipartita (PSOE-BNG) e, máis en concreto promovido pola compañeira de partido do Sr. Alcalde, a Sra. Caride. De ser desfavorable o fallo final para os intereses do concello de Foz, terían que devolverse os cartos percibidos polas licencias de construción. Tendo en conta a feble situación económica municipal os populares indican que “non sabemos o lugar onde sacarán os cartos ou onde poderán pedilos, o que está claro é que o remanente de exercicios pasados o Alcalde xa os ten dilapidados, a pesares incluso de que desde o Grupo Municipal do Partido Popular sempre lle advertimos de que fixera unha previsión”. A situación é aínda peor tendo en conta que, tamén é de moi difícil recuperación diversas cantidades procedentes de exercicios xa pechados e que segundo intervención poden ascender aos 2,2 millóns de euros.

RIVERA MAL PAGADOR

Con respecto as 25 facturas que o Sr. Alcalde asegura no se pagarán “por culpa da oposición”, o voceiro do Partido Popular Pedro Fernández Manín quixo replicarlle facéndolle unha pregunta a García Rivera. Máis en concreto “porque as seguintes facturas que están nesa relación , unha do ano 2008 de preto de 14.000,00, outra rexistrada no Concello en data xullo 2009 de 8.458,72euros, ídem de empresas que teñen contrato de mantemento con dotación presupostaria coma Confina 9.906,55 corresponde a outubro presentada o 12 de novembro 2009 e a de Sogama de 16.503,70 euros presentada o 9 de decembro entre outras, non foron pagadas nos seu día ou recoñecidas no expediente de recoñecemento extraxudicial de crédito 2/2010 que vostede presentou en marzo pasado por un importe de 260.000,00 euros”. Fernández Manín solicítalle ao Sr. García Rivera que cando se persoa coma acusación particular no xulgado por este motivo presente tamén os informes de intervención tanto sobre este tema coma doutros pagos de facturas.

DANOS DO TEMPORAL

Por outra banda a modificación de crédito por importe de 64.000,00 euros para os danos do temporal que o Sr. García Rivera presentaba neste pleno “quedou sobre a mesa”. Os populares son conscientes de que os danos causados polo temporal ai que reparalos coa máxima urxencia, “pero deben de ter unha valoración correcta e realista e non poñer un importe por poñelo, como parece está a facer a Alcaldía e, en todo caso foi incapaz de xustificar” Ademais neste punto debe de especificarse os traballos que fixo o Concello só ou en colaboración da Excma. Deputación, “porque no é o mesmo falar dunha factura con uso de maquinaria, compra de materiais e gastos por man de obra, que sen maquinaria, de simple colaboración”

Exit mobile version