Site icon Crónica3.com A Mariña

Deputación, concello de Viveiro e FEVE invistirán máis de 600 mil euros na nova ponte en Verxeles

Nota de prensa:
Deputación, Concello de Viveiro e FEVE invisten máis de 600.00 euros na construción dunha nova ponte en Verxeles

– Segundo o proxecto, financiado a tres bandas, o organismo provincial inviste 100.000 euros, a entidade local asumirá as melloras dos accesos e a entidade de Fomento aportará o resto

– Gómez Besteiro anuncia que a Xunta de Goberno da vindeira semana aprobará 5 das 7 obras incluídas no convenio asinado con Viveiro, dotado con máis de 1,2 millóns de euros

– O Presidente critica o recorte dos Orzamentos da Xunta para a Mariña e apoia ós veciños de Magazos no rexeitamento ó cambio de trazado proposto para a variante O Barqueiro-San Cibrao, “xa que o PP rise de Lugo e o PP de Lugo non manda”

– A Deputación acondiciona o acceso a Ribadiña e Virader, en Riotorto, o que permite que o transporte escolar chegue por primeira vez ata estes núcleos poboacionais

– O titular provincial adianta que a Deputación rematará no prazo dunha semana as obras da estrada entre Ver e Vilaxoane, e inaugurou a oficina do programa de emprego do organismo provincial no Concello de Foz

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, o Alcalde de Viveiro, Melchor Roel, e o Presidente da entidade dependente do Ministerio de Fomento Ferrocarriles Españoles de Vía Estrecha (FEVE), Ángel Villalba, presentaron este venres o proxecto de construción da nova ponte de Verxeles, situado no punto quilómetrico 86,050 da liña Ferrol-Bilbao, treito Ortigueira-Vegadeo. En total, as tres institucións investirán nesta actuación, que se atopa en pleno casco urbano, 604.890 euros que se distribúen do seguinte xeito: o organismo provincial achegará 100.000 euros, o Concello asumirá a parte correspondente á mellora dos accesos á ponte e das berarrúas, e FEVE aportará o resto das obrigas.

A realización destas obras favorecerá o desenvolvemento da explotación ferroviaria e con elo a prestación do servizo público de transporte que FEVE ten estatutariamente encomendado. Asimesmo, facilitará o acceso dirección Lugo (actual LU-540 de Vilalba a Viveiro) do Concello viveirense e consecuentemente mellorarase a seguridade vial en dito acceso, xa que a infraestrutura actual non ten a altura suficiente para a circulación dos vehículos pesados, o que implica que, en moitas ocasións, teñan que invadir o carril contrario. Gómez Besteiro subliñou que “esta é unha actuación que executamos a tres bandas e que permitirá eliminar un dos principais tapóns circulatorios de Viveiro e un maior desenvolvemento deste Concello. Poderiamos ampararnos na crise para non facer estas obras, pero para esta Deputación é unha actuación urxente e necesaria”.

O Alcalde destacou que as obras terán un prazo de execución de 6 meses e advertiu que “haberá molestias. Con todo, o Ministerio vai apremiar á empresa adxudicataria para que as obras se fagan no menor tempo posible para paliar os trastornos que poidan ocasionar e explicará como se vai regularizar o tráfico”.

Pola súa banda, o Presidente de FEVE incidiu en que “estas obras son la combinación de un proyecto colectivo que data de 1964 y que pedía una remodelación desde la década de los 80. Para su ejecución fue crucial la aportación del Presidente de la Diputación de Lugo porque sin su apoyo no habrían salido adelante”. A este respecto, sinalou que “el Ministro de Fomento ha ordenado dar prioridad a esta obra y hoy mismo ha sido colgada en la página web del Ministerio su licitación”. A nova ponte disporá de dúas beirarrúas, arcéns e dous viais, ademais dun alto mayor que supera os 5 metros e un ancho maior que chega ós 11,6 metros. O tráfico non se interrumpirá durante a execución dos traballos.

Máis obras da Deputación para Viveiro

O Presidente da Deputación adiantou que o organismo provincial aprobará o vindeiro venres, en Xunta de Goberno, 5 das 7 obras que contempla o convenio impulsado por Gómez Besteiro, Concello e Goberno galego, dotado con 1.250.000 euros, co obxectivo de dotar de infraestruturas urbanas e mellorar os equipamentos existentes en Viveiro. Suman 700.000 euros e son as seguintes: reparación da cuberta da Casa Calvo Sotelo (150.000 euros); creación dun campo de fútbol en Lavandeiras (200.000 euros); ampliación e mellora da rede de sumidoiros no lugar de Pallaregas-Covas (100.000 euros) e na parroquia de Galdo (150.000 euros); e o acondicionamento da segunda pranta do Conservatorio Municipal de Música (100.000 euros).

“O PP rise de Lugo e o PP de Lugo non manda”

O Presidente da Deputación amosou o compromiso asumido polo equipo de goberno no Pleno de setembro ós veciños de Magazos no que se acordou instar á Xunta de Galicia a aceptar as alegacións presentadas polo cambio de trazado que plantexa o goberno autonómico para o treito da variante da Vía de Alta Capacidade O Barqueiro-San Cibrao. Gómez Besteiro subliñou que “dúas conclusións: o PP rise de Lugo e o PP de Lugo non manda. É mellor poñerse un día colorado explicándolle ós veciños o que é e non é prioritorio e non todos os día verde. Por un lado, o voceiro do seu partido en Viveiro anuncia que vai votar a favor no Pleno da Deputación e logo non se presenta”. A este respecto, o titular provincial considera que o retraso no corredor “vai partir en dous a Mariña porque o Goberno Central rematará as obras da Transcantábrica en 2012 mentres que a Xunta volta a retrasalo ata 2017. Crise hai para todos, pero o prioritario non se pode suspender”.

En relación ó ERE de Sargadelos sinalou que “os ERES en Coruña non se aceptan e en Lugo sí. Asimesmo, subliñou que “a Xunta consente que o hospital da Costa sexa, dentro da rede hospitalaria galega, o centro que peor rexistro obtén en canto a unha primeira visita co especialista. Ademais, reduce á metade o investimento previsto para este Hospital en 2011, pasando de un millón a 527.000 euros, e retrasa os accesos ó porto de Burela a 2012”.

Pola súa banda, o Melchor sinalou que “a Xunta non fai a variante nin non pasado nin no presente. Todos os proxectos que se están executando foron aprobados polo bipartito cando gobernaba. Crearon un crise social en Magazos porque era un proxecto consensuado por todos os veciños e agora anulan o que había para non facer absolutamente nada”.

Comunidades Veciñais de Riotorto

Gómez Besteiro tamén supervisou o acondicionamento do acceso ós núcleos de Ribadiña e Virader, en Riotorto, incluído no Plan de Comunidades Veciñais de 2010. Trátase dunha actuación de extraordinaria importancia, xa que grazas á Deputación o transporte escolar hoxe foi o primeiro día que chegou ata estes núcleos poboacionais. O Presidente foi recibido por unha vintena de pais, quenes lle quixeron agradecer persoalmente que solucionase o problema, xa que por primeira vez os 4 nenos afectados non fixeron, como cada día, a pé ou no coche dos seus familiares os máis de mil metros para poder coller o autobús que os leva diariamente ó colexio. Esta actuación súmase a outras que o organismo provincial levou a cabo na zona e a outras trece que se executaron dende 2008 dentro desta iniciativa, e nas que investiu 107.404 euros.

Obras de mellora en Foz e oficina Pacto Provincial polo Emprego

O Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde de Foz, supervisaron as obras de mellora que o organismo provincial está a levar a cabo na estrada provincial CP 2001, que vai de Ver a Vilaxoane, e que teñen un investimento de 255.374 euros. Os traballos, que afectan ó treito comprendido entre o punto quilométrico 0,000 ó 2,280, rematarán no prazo dunha semana e inclúen o asfaltado do vial, así como a sinalización do mesmo. Gómez Besteiro destacou que “se trata dun proxecto que quedara adxudicado do anterior equipo de goberno, pero que non foi quen de levalo a cabo. Esta é a actual Deputación, a que soluciona os problemas de Foz e dos mariñanos”.

Asimesmo, o titular provincial e o rexedor municipal inauguraron a oficina técnica que o organismo provincial puxo en marcha na Casa do Concello para xestionar o programa formativo do Pacto Provincial polo Emprego, co-financiado nun 80% polo Fondo Social Europeo, na Mariña, e que insertará a 540 desempregados da provincia. En total, das máis de 1.600 solicitudes que se rexistraron, 600 foron desta zona.

As outras dúas oficinas, que se sitúan en Chantada, zona sur, e no INLUDES, zona centro, tamén están a pleno rendemento. Ademais, de atender calquera tipo de dúbida que poidan ter os solicitantes do programa, tamén se asesorará ós alumnos que, no futuro, opten por montar a súa propia empresa, ben como autónomos ou como PEMES. A formación comprende 45 cursos dirixidos a desempregados de todos os Concellos, excepto o de Lugo que, ó ter máis de 50.000 habitantes, conta co seu propio programa. Ademais, os beneficiarios recibirán unha axuda económica tanto na formación como nas prácticas equivalente ó 75% do IPREM, é dicir, uns 400 euros mensuais.

Exit mobile version