Site icon Crónica3.com A Mariña

Concello de Lourenzá e Asaja organizan cursos dirixidos a persoas do sector agrario

Nota de Prensa

O Concello de Lourenzá, a través da Oficina Técnica de Emprego, en colaboración coa Asociación Agraria Xóvenes Agricultores (ASAJA), ten previsto organizalos seguintes cursos para os vindeiros meses, especialmente dirixidos a persoas do Réxime Agrario, aínda que tamén poderán participar persoas doutros Réximes:

* PREVENCIÓN DE RISCOS LABORAIS NO SECTOR AGRARIO E FORESTAL
* MANIPULADOR DE ALIMENTOS
* CONSERVAS
* AGRICULTURA ECOLÓXICA
* INFORMÁTICA
* BENESTAR ANIMAL

Para máis información e para inscribirse nalgún destes cursos poden chamar ao teléfono 982-121006 ou ben pasar pola Oficina Técnica de Emprego do Concello en horario de 9:00 a 14:00 horas, sendo necesario a inscrición dun mínimo de 15 persoas para a realización de cada curso.

Exit mobile version