Nota de Prensa
INCIDENCIAS DA 1ª TIRADA
(Centro Social de Lago – Sábado, 9 de outubro 2010)
-Tarde expléndida e moi soleada. O campo en perfectas condicións.
-49 inscritos, 24 na Liga Senior, 15 na Sub 18 e 10 na Liga Feminina. O primeiro que queremos destacar deste comezo de temporada é a ALTÍSIMA PARTICIPACIÓN nesta primeira tirada, dado que hai bastantes anos que non se inscribía tanta xente a unha tirada de bolos. Temos que decir que unha boa culpa desta participación é a presencia dun importante número de xogadores-xogadoras Sub 18, o cal nos alegra un montón, xa que neles está o futuro dos bolos. Neste sentido, e polo momento, está claro que as Xornadas de Promoción dos bolos que realizamos no IES Illa de Sarón funcionaron ben, dado que polo menos, neste inicio de campionato, un bó número de alumnos/as do IES Illa de Sarón participaran neste comezo. Temos que darlle as gracias ao profesor de educación física do IES Xabi Bouza Criado, que nos está axudando moito neste sentido, xa que él está animándoos a que participen na nosa competición.
Liga de Maiores.- Gañou esta primeira tirada Moisés Rodríguez con 147 tantos, seguido do clásico Arturo Vigo con 144 e o actual poseedor do título Ginés Rodríguez con 138. Moisés, que xa realizou unha gran progresión no seu xogo o pasado ano, cremos que este ano vai ser dalgunha maneira o da súa confirmación, dado que o vemos motivadísimo e sabemos que ten condicións para estar entre os mellores.
Os tanteos, tanto nesta categoría como nas outras dúas, bastante baixos, cousa normal nos inicios de cada temporada dado o baixo estado de forma da maioría dos xogadores, que irán collendo ritmo segúndo vaia avanzando a competición.
Liga Sub 18.- O máis destacado deste comezo nesta Liga sería a participación. Por parte da organización está claro que temos un traballo duro e un reto, que é conseguir que unha boa parte destes xoves xogadores se queden regularmente na competición, e non a abandonen.
Liga Feminina.- Comezou esta Liga como rematou o pasado ano, ousexa, coas posicións coas que finalizou a Liga pasada, primeira Carmen Roca e segunda Dolores Baño, que segundo a nosa opinión, van ser as principais favoritas ao trunfo final nesta Liga.
A Vindeira tirada vai ter lugar no CENTRO SOCIAL DE PALMEIRO O VINDEIRO SÁBADO, 16 DE OUTUBRO DE 2010.
XXIIª TIRADA DE BOLOS – XIª SUB 18 – IIª LIGA FEMININA
(TEMPORADA 2010/2011)
Organiza: Concellería de Cultura do Concello de Xove
Colaboran: IES Illa de Sarón de Xove
CAMPEONATO DE BOLOS DE CENTRO SOCIAL DE LAGO (9 OUTUBRO 2010) 49 INSCRITOS: 24 NA LIGA SENIOR, 15 NA LIGA SUB 18 E 10 NA LIGA FEMININA | |||
CLASIFICACION | NOME | TANTOS | PUNTOS |
LIGA SENIOR | |||
PRIMEIRO | MOISÉS RODRÍGUEZ CASABELLA | 147 | 12 |
SEGUNDO | ARTURO VIGO CASABELLA | 144 | 10 |
TERCEIRO | GINÉS RODRÍGUEZ FERNÁNDEZ | 138 | 8 |
CUARTO | MARCELINO RODRÍGUEZ ÁLVAREZ | 138 | 7 |
QUINTO | JOSÉ BAÑO FERNÁNDEZ | 135 | 6 |
SEXTO | FRANCISCO PÉREZ GONZÁLEZ | 132 | 5 |
SÉTIMO | LUIS RANCAÑO BOUSO | 129 | 4 |
OITAVO | JOSÉ MANUEL COCIÑA RIVERA | 122 | 3 |
NOVENO | ALEX MEITÍN SERANTES | 121 | 2 |
DÉCIMO | CRISTIAN RODRÍGUEZ BAÑO | 114 | 1 |
MELLOR BOLADA | ARTURO VIGO CASABELLA | 62 | 1 |
LIGA SUB 18 | |||
PRMEIRO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 46 | 6 |
SEGUNDO | KATIA NÍÑEZ CASARIEGO | 46 | 4 |
TERCEIRO | SALOMÉ CARDOSO RODRÍGUEZ | 40 | 3 |
CUARTO | SAMUEL REY ÁLVAREZ | 37 | 2 |
QUINTO | LARA RODRÍGUEZ BAÑO | 36 | 1 |
MELLOR BOLADA | KATIA NÍÑEZ CASARIEGO | 28 | 1 |
LIGA FEMININA | |||
PRMEIRO | CARMEN ROCA CORRAL | 69 | 6 |
SEGUNDO | DOLORES BAÑO FRAGA | 65 | 4 |
TERCEIRO | LEONOR CASABELLA RODRÍGUEZ | 53 | 3 |
CUARTO | SALOMÉ BERMÚDEZ | 48 | 2 |
QUINTO | CLAUDIA FERNÁNDEZ MARIÑA | 46 | 1 |
MELLOR BOLADA | DOLORES BAÑO FRAGA | 49 | 1 |