Site icon Crónica3.com A Mariña

Cervo pide á Deputación o arranxo de vías en mal estado ou cunha capa de rodaxe moi deteriorada

Nota de Prensa

Trátanse de vías en mal estado ou cunha capa de rodaxe moi deteriorada polo paso do tempo e o deficiente mantemento

CERVO RECLAMA Á DEPUTACIÓN O ARRANXO URXENTE DE VARIAS ESTRADAS PROVINCIAIS

* O Grupo de Goberno municipal urxe a necesidade de amañar a estrada costeira, entre San Ciprián e Burela, a vía que une a N-642 e Cuiña e  a estrada desde O Paraño a Figueirido.

Cervo, 26 de outubro de 2010.- O Grupo de Goberno municipal de Cervo reclama á Deputación o arranxo urxente de varias estradas de titularidade provincial que neste momento presentan un mal estado ou unha capa de rodaxe moi deteriorada, todo iso, como consecuencia do paso do tempo e do deficiente mantemento por parte dos servizos dependentes da Deputación.

Con este obxecto remitiron varios requirimentos ao Executivo  provincial no que describen as estradas que precisan unha urxente reparación: Inclúe a vía costeira que une San Ciprián con Burela –un dos espazos máis transitados, de xeito especial, pola beleza do seu paisaxe e porque se trata do itinerario máis curto entre ambas poboacións- a estrada que une a nacional N-642 coa poboación de Cuiña –reclamación que tamén comparten os veciños de Cuiña e Rueta- e a vía desde O Paraño a Figueirido.

O Goberno municipal considera que a Deputación non pode adiar o arranxo destas vías  tendo en conta o seu mal estado e o risco que implica para os automobilistas e usuarios das mesmas a presenza de fochancas e asfalto deteriorado en moitos dos seus tramos. Ademais, dado que está próximo o inverno, e os meses nos que as condicións climatolóxicas son máis adversas, moi probablemente este tipo de  deficiencias  poden empeorar.

O Concello de Cervo lembra que a Deputación non pode “facer oídos xordos” a estas peticións xa que ten a obriga legal de acometer estes arranxos por tratarse todas elas de vías de titularidade provincial.

Exit mobile version