Nota de prensa:
O CONCELLO ENTREGA PRETO DE 23.000 EUROS EN AXUDAS AOS CLUBS E ASOCIACIÓNS DEPORTIVAS DO MUNICIPIO
*
O concelleiro de Deportes fixo entrega onte pola tarde das subvencións aos representantes das entidades receptoras
*
Estas axudas teñen por obxecto colaborar cos gastos correntes derivados da participación en campionatos deportivos federados ou realización de actividades de promoción deportiva, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións nos que incorran estes clubs.
Cervo, 28 de outubro de 2008.- O edil delegado de Deportes, Rubén Fernández, fixo entrega onte pola noite das subvencións concedidas aos clubs e asociacións deportivas do municipio conforme á orde de convocatoria destas subvencións publicada o pasado 26 de maio no Boletín Oficial da Provincia de Lugo (BOP).
Os clubs beneficiarios destas axudas son a S.D Cervo-Sargadelos, o C.D. San Román, o C.D. San Ciprián e a S.D. Candelaria. A cantidade total destinada polo Concello a esta liña de subvencións é de 22.990 euros e ten por obxecto colaborar nos gastos correntes derivados da realización das actividades de promoción deportiva ou participación en campionatos deportivos federados, así como tamén compensar os gastos xerais de funcionamento, conservación, mantemento e reparacións menores nos que poidan incorrer estas entidades.
“Dende o Concello procuramos botar unha man a estas entidades dentro das nosas posibilidades económicas, porque sabemos do esforzo que fan para promocionar a práctica do deporte entre os veciños do municipio. Por iso, creemos que estas axudas reflicten a gran aposta que O Concello realiza polo deporte local, as cales se complementan con outras iniciativas coma as escolas deportivas e a posta a disposición do público en xeral das moitas e boas infraestruturas deportivas das que dispoñemos no concello” indicou Rubén Fernández.