Site icon Crónica3.com A Mariña

Celébrase en Xove unha nova actividade do proxecto “Encontros” sobre coeducación

Nota de prensa:
NOVA ACTIVIDADE DO PROXECTO “ENCONTROS”

HOXE, ÁS 16:30 HORAS NO CENTRO SOCIAL DE MORÁS, teremos unha nova actividade dentro deste Programa de coeducación, que está subvencionado pola Secretaría Xeral de Igualdade. A organización de “Encontros” corre a cargo da Unidade de Educación Familiar e o Departamento de Igualdade do Concello de Xove en colaboración co IES Illa de Sarón.

O Encontro de hoxe, no que van participar alumnos/as do IES Illa de Sarón e varias persoas da Escola de Maiores, vai versar sobre FROITAS DE TEMPORADA:

-Coñecer tódolos froitos típicos desta estación otoñal (castañas, mazáns, uvas, figos, etc.).

-Elaboración de pratos cos ingredentes propios desta época (marmelo, compota, confitura, mazas e castañas asadas, etc):

-Pequena degustación-merenda dos pratos mencionados.

Este proxecto pretende crear espazos nos que os rapaces/as coñezan de primeira man os traballos e oficios do noso Concello, dende empresas a traballos relacionados co agro, o mar e a casa, explicados polos propios veciños, e fomentar a igualdade de xénero.

O proxecto “Encontros”, que xa se ven desenvolvendo dende o pasado ano con moito éxito, ten como obxectivos xenéricos a igualdade entre homes e mulleres, a corresponsabilidade nas tarefas domésticas e rurais e a educación en valores de respecto.

REMATA O PRAZO PARA SOLICITAR AXUDAS AO ESTUDIO E PREMIOS EXTRAORDINARIOS

Este prazo estivo aberto dende o pasado 22 de setembro. Todas as persoas interesadas en solicitar axudas ao estudio ou premios extraordinarios, ainda poden facer a súa solicitude no Departamento de Servizos Sociais ata este VENRES 22 DE OUTUBRO, inclusive, que é cando remata o prazo para poder solicitar.

Exit mobile version