Que a construción da goleta o que pretende e a creación de emprego, a dinamización dun sector en crise, e a promoción sociocultural da Mariña.
Que a única Carpintería de Ribeira en funcionamento na nosa provincia esta emprazada en San Ciprián, sendo esta, parte da Asociación de Carpinteiros de Ribeira de Galicia (AGALCARI) adxudicataria da construción.
Que ademais da construción, vaise a levar a cabo un proxecto novidoso de promoción sociocultural e turístico único a nivel galego e español, entre a nosa Asociación e Portos de Galicia.
Que non entendemos o proceder do señor Ismael, que sendo un parlamentario galego, como e que vai en contra da creación de emprego, da conservación e recuperación do noso patrimonio e da promoción social, cultural e turística da Mariña, e que acaso vería mellor isto feito noutro sitio fora de Galicia?
No caso do señor Rivera, e de supoñer que as súas declaracións veñen dadas, ante a súa frustración, como mal xestor da alcaldía que preside, e lévao a atacar a un pobo veciño, co que ten lazos familiares, que nunca se meteu con él, e que sempre o tratou ben, como a todos os que están ou pasan por aquí. Quizás si no seu día houbera desenrolado algunha iniciativa como esta, evitaría, a desaparición das carpinterías de ribeira de Foz, de tanta fama e arraigo nesa vila e en toda a Mariña.
Esperamos que os dirixentes do PSOE de Cervo se desmarquen destes dous desagradecidos, e saian a prensa apoiando a construción da goleta en San Ciprián, ou están a favor ou en contra.
E por ultimo agradecerlle a Portos de Galicia, a súa sensibilidade a hora de apoiarnos e poñer en marcha un proxecto coma este, innovador e con imaxinación, so desta forma poderemos saír desta crise, ocasionada por algúns que so pensan en eles, e en seguir sentados na poltrona, sen importarlles o que lles pase os demais.
DIRECTIVA DA ASOCIACION “MAR DE SAN CIPRIAN”