Site icon Crónica3.com A Mariña

O pleno de Burela aprobou por unanimidade pedirlle á Xunta a limpeza dos lodos do encoro de Rúa

Nota de prensa:
O CONCELLO INSTA Á XUNTA A LIMPAR OS LODOS NO ENCORO DE RÚA. POR UNANIMIDADE SE APROBOU A MOCIÓN PRESENTADA POLO EQUIPO DE GOBERNO. ADEMÁIS O VINDEIRO ANO, SEGUNDO O ALCALDE, A PRÁCTICA TOTALIDADE DAS TAXAS NON SUBIRÁN AGÁS O IBI, O RECIBO DA AUGA E O IMPOSTO SOBRE VEHÍCULOS DE TRACCIÓN MECÁNICA.

Burela, 28 de outubro de 2010. Por unanimidade quedou aprobada no pleno ordinario celebrado hoxe no Concello de Burela a desestimación das alegacións presentadas por unha operadora de telefonía móvil contra a ordenanza reguladora da taxa pola utilización privativa ou aproveitamento especial do dominio público local. Na sesión tamén se debatiu a modificación de varias taxas de 2011, por unanimidade de todos os grupos quedou aprobado o IBI que suporá a aplicación dun gravame do 0’42; cos votos a favor do equipo de goberno e cos votos en contra do PP aprobóuse un incremento do 3% do imposto sobre vehículos de tracción mecánica e cos votos a favor de PSOE e BNG a abstención do PP aprobóuse tamén unha suba do 1’8% no recibo da auga.

O alcalde, Alfredo Llano, explicou que “prácticamente todas as taxas do Concello seguirán igual o ano que ven, agás o IBI, o imposto de vehículos de tracción mecánica e o recibo da auga. A suba do 3% no caso dos vehículos ven motivada porque levaba moitos anos sen moverse, é unha das máis baixas dos concellos da zona de poboación similar á nosa e aínda aplicando esta procentaxe segue a ser moi baixa dentro da mesma provincia de Lugo. Para os vehículos medios, os que temos a grande maioría dos habitantes de Burela, pasaremos de pagar 74 a 76 euros”. No caso do IBI, o rexedor sinalou que “se aplicará un gravame do 0’42 cando anteriormente se viña aplicando un 0’5. Tentamos rebaixar o gravame para danar o menos posible as economías de Burela neste tempo de crise”. E o recibo da auga subirá o 1’8% “por lei esta taxa tería que incrementarse na mesma porcentaxe que o IPC interanual que foi do 2’1% de setembro a setembro e nós só aplicamos o 1’8%. O resto das taxas e impostos municipais seguirán tal e como estaban”.

Mocións

Varias foron as mocións debatidas no pleno celebrado hoxe en Burela. O equipo de goberno presentou unha instando á Xunta a limpar os lodos do encoro de Rúa. Llano lembrou que “xa solicitei días atrás a limpeza dos lodos dese encoro, hai acumulados uns 21.000 metros cúbicos de lodos que é unha barbaridade. Para facer efectivo o abastecemento de auga a Cervo e Burela para min é imprescindible levar adiante dita limpeza porque substituimos eses lodos por capacidade de auga. É un proxecto que ten un presuposto aproximado de 1.700.000 euros e eu consideroo de vital importancia porque si temos meses de seca e non se limpa teríamos que bombear constantemente de Riocobo, iso encarece moito o servizo e ocasiona un grande consumo de enerxía e hai que pagala moi cara”. Esta moción foi aprobada por unanimidade.

O alcalde tamén falou dos orzamentos da Xunta para 2011 e da moción plantexada polo equipo de goberno “porque consideramos que son ridículos para Burela e non mellorarán para nada nin servizos, nin infraestructuras nin nada de nada. Plantexamos a moción instando aos grupos políticos a presentaren enmendas a eses presupostos autonómicos reclamando que se remate o acceso ao porto, que se leve adiante o plan director do hospital e que se produzan melloras noutras partidas. O PP presentou unha enmenda a esta moción que foi rexeitada e a moción en sí mesma quedou aprobada por unanimidade. Ademáis foron rexeitadas dúas mocións do PP, unha sobre o arranxo da pista de O Cancelo que o ten que facer Medio Rural porque así se comprometeu no seu día e outra sobre a necesidade de que o Concello apure á Deputación para realizar melloras na estrada de Burela a Rúa e nós dixémoslles que non é o momento de facer aceras, senón de preocuparse, por exemplo, pola creación de emprego en Burela”.

Exit mobile version