Nota de prensa:
A Delegación de Emprego de Burela informa que o prazo de inscrición na formación ocupacional ofertada pola Deputación de Lugo, a través do Inludes, amplíase ata o vindeiro 15 de outubro. As persoas interesadas en realizar a matrícula empadroadas no concello de Burela deberán dirixirse ás instalacións do departamento de Emprego na Avenida Arcadio Pardiñas, 137 entrechán de 9 a 14 horas.